Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral

2016/2017 · 60 créditos

Que se aprende

En xeral, o alumnado do Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral acometerá as seguintes aprendizaxes:

  • Adquirir os coñecementos necesarios nos eidos laboral, tributario e da Seguridade Social para prestar servizos de asesoría sociolaboral.
  • Desenvolver os coñecementos, as habilidades e as aptitudes que permitan unha dirección e xestión de persoas idónea: recrutamento, selección, contratación, motivación, formación, capacitación e retención do talento dentro dunha organización.
  • Establecer a dirección estratéxica de recursos humanos e a súa inserción na dirección estratéxica xeral de organizacións públicas ou privadas.
  • Seleccionar e confeccionar os contratos de traballo axeitados en relación con cada situación laboral.
  • Xestionar os procesos de negociación cos sindicatos.

Saídas profesionais e académicas

  • Todo tipo de postos de dirección ou xestión dentro de departamento de recursos humanos, tanto de grandes empresas como de pemes, no sector público ou no privado.
  • Asesores sociolaborais.
  • Consultores externos de recursos humanos.

Planificación do ensino

Estrutura do estudo

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Seguridade Social Complementaria Obrigatorio 3 ECTS
Dereito do Traballo e Crise da Empresa Obrigatorio 3 ECTS
Xestión da Prevención de Riscos Laborais Obrigatorio 3 ECTS
Aspectos Macroeconómicos e Territoriais do Mercado de Traballo Obrigatorio 3 ECTS
Xestión Tributaria Obrigatorio 6 ECTS
Análise Contable Obrigatorio 3 ECTS
Aspectos Xurídico-Laborais en Materia de Igualdade Obrigatorio 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Auditoría Sociolaboral Optativo 6 ECTS
Xestión Laboral e da Seguridade Social Optativo 6 ECTS
Seguridade Social Comunitaria Optativo 3 ECTS
Réxime Fiscal das Relacións Laborais Optativo 3 ECTS
Empresas, Traballadores e Dereito Tributario Transnacional Optativo 3 ECTS
Políticas Sociolaborais Optativo 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Dirección Estratéxica de RRHH Optativo 3 ECTS
A Simulación como Ferramenta de Deseño de Políticas de RRHH Optativo 3 ECTS
Xestión do Coñecemento Optativo 3 ECTS
Liderazgo e Habilidades Directivas Optativo 6 ECTS
As Dúas Visións do Conflicto Laboral Optativo 3 ECTS
Xestión da Seguridade Social Optativo 3 ECTS
Iniciativa Emprendedora Optativo 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Prácticas Externas Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo de Fin de Mestrado Obrigatorio 6 ECTS

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.