Logo da Universidade da Coruña

Máster Universitario en Neurociencia

2018/2019 · 60 créditos

Que se aprende

Garantirase que todos os estudantes:

1.Coñezan os fundamentos da neurociencia e as materias da mesma obxecto do seu interese.

2.Coñezan e saiban utilizar as técnicas experimentais dos campos da neurociencia obxecto do seu interese.

3.Posúan un grao de especialización, o que significa o coñecemento de problemas, teorías e técnicas específicas, en polo menos un campo da neurociencia.

4.Saiban ler e obter información relevante de publicacións científicas.

5.Saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa neurociencia.

6.Sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.

7.Teñan competencia na presentación oral e escrita de resultados científicos a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.

8.Saiban traballar en grupos de carácter multidisciplinar.

9.Posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida auto dirixido ou autónomo.

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

Ten un perfil investigador, xa que fundamentalmente está dirixido á formación de investigadores. Permite a iniciación á investigación e capacita para a incrición no doutoramento. Para iso proporciona as técnicas e coñecementos específicos en cada un dos ámbitos, a realización dun traballo de investigación dentro das liñas de investigación dos profesores titores que participan no Programa e a oportunidade de presentar e discutir a labor investigadora propia, con profesores, compañeiros e especialistas invitados, dentro da xornada de neurociencia para mozos investigadores que organiza o programa.

Ademais, no ámbito académico presenta os coñecementos actualizados e as técnicas experimentais dos diferentes campos da Neurociencia, así como a capacidade de obter información de maneira autónoma, procesala e transmitila.

No ámbito profesional o máster en Neurociencia proporciona aos alumnos os coñecementos teóricos e técnicos necesarios para traballos en empresas e industrias relacionados co ámbito da neurociencia. Aos profesionais da clínica permítelles a actualización do coñecemento das bases biolóxicas do funcionamento do sistema nervioso así como dos trastornos neurolóxicos e mentais.

Planificación do ensino

Titulación conxunta das Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo

Número de créditos: 60

Duración: 1 ano

Periodicidade: Anual

Tipo de ensino: Presencial

Idioma de impartición: Castelan

Número de prazas: 50

30 Universidade de Santiago de Compostela

10 Universidade da Coruña,

10 Universidade de Vigo

Matrícula a tempo parcial: o número de créditos por ano que deberá cursar o alumnado con dedicación a tempo parcial será de 30. Esta modalidade de matrícula é interesante para aquelas persoas que están traballando.

Estrutura do estudo

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Bioloxía Celular do Sistema Nervioso Obrigatorio 4 ECTS
Neuroquímica Obrigatorio 4 ECTS
Neuroanatomía Obrigatorio 4 ECTS
Fisioloxía do Sistema Nervioso Obrigatorio 4 ECTS
Neurociencia do Comportamento Obrigatorio 4 ECTS
Traballo Fin de Máster Obrigatorio 19 ECTS

Referentes externos

O Máster estructúrase en tres bloques principais: (1) un primeiro bloque de materias obligatorias, (2) un segundo bloque de materias optativas organizadas en especialidades, e (3) un terceiro bloque orientado á formación investigadora.

CURSOS OBrIGATORIOS BÁSICOS. Neste bloque cóbrense os contidos básicos en Neurociencia. Consta de 5 cursos teórico-prácticos onde se explican os conceptos básicos, os coñecementos actuais, as novas tendencias e os fundamentos das técnicas empregadas para xerar o coñocemento nos campos da bioloxía celular do sistema nervioso, a neuroquímica, a anatomía, la fisioloxía y o comportamento.

CURSOS OPTATIVOS E ESPECIALIDADES. A continuación, o alumno pode escoller cursos optativos, ben deseñando o seu propio currículo ou ben escollendo unha das dúas especialidades que se ofrecen no programa. As especialidades son: Neurociencia Cognitiva e Neurobioloxía Celular e Molecular. Estas especialidades seleccionáronse en base a dous criterios principais: (1) a traxectoria investigadora e docente recoñecida dos profesores que integran o programa, e (2) as áreas que permitan identificar e distinguir a este programa doutras ofertas formativas no ámbito da neurociencia. Ao finalizar este bloque o alumno debe coñecer os problemas e as técnicas relacionadas coa especialidade seleccionada.

TRABAllO FIN DE MÁSTER. Considerando que o programa é de carácter principalmente investigador, os alumnos teñen que realizar e defender un traballo fin de máster que ten como obxectivo introducir ao alumno en habilidades e metodologías en investigación.

Especialidades

O alumno debe cursar 7 materias optativas. O alumno debe facer un mínimo de 5 materias dunha especialidade para que lle conste nol suplemento ao título. Antes de realizar a matrícula das materias optativas o alumno debe consultar os horarios para comprobar que non haxa incompatibilidades.

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.