Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Acuicultura

2017/2018 · 90 créditos

Que se aprende

Este mestrado oficial foi deseñado para cubrir as necesidades profesionais e de investigación en todas as áreas relacionadas coa acuicultura. Para asegurar o seu éxito, o mestrado compaxina os enfoques académico, profesional e investigador. Por iso, non só participan as tres universidades do Sistema Universitario Galego (SUG), senón tamén todos os entes sociais que en Galicia están implicados en calquera área relacionada coa acuicultura, incluídos os centros de formación (Instituto Galego de Formación en Acuicultura, IGAFA), os centros de investigación (Instituto Español de Oceanografía, IEO, de Vigo e A Coruña; Instituto de Investigacións Mariñas CSIC, Vigo; centros de investigacións mariñas, CIMA, de Corón e Ribadeo), así como as asociacións e os clústers de empresas, caso do Cluster de Acuicultura de Galicia e a Organización de Produtores de Mexillón de Galicia (OPMEGA). A docencia teórica impártese a través de videoconferencia, desde as facultades de Bioloxía e de Ciencias das tres Universidades, e de modo presencial nos centros non universitarios participantes. A docencia práctica impartirase sempre vía presencial.

http://www.usc.es/macuicg

Competencias completas do estudo

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

A acuicultura é un dos sectores produtores de alimento con maior potencial de crecemento; segundo a FAO, supón a única posibilidade de manter a proporción adecuada de peixe na dieta, xa que a pesca extractiva mantén estable a súa capacidade de produción mais sen perspectivas de que se produzan aumentos significativos nela. Actualmente, España conta cunha industria acuícola saneada e en franca expansión que necesita profesionais altamente cualificados. Por iso, xorde a necesidade de ofrecer aos estudantes programas oficiais de mestrado onde poder especializarse nesta disciplina. Ademais, este mestrado promove a relación do alumnado coas empresas do sector a través dos convenios de colaboración (asinados formalmente entre as tres universidades participantes e as empresas-centros conveniados) con 10 grandes empresas e centros de cultivo de peixes, que ofertan preto dunha vintena de postos de prácticas en empresa para cursar no terceiro cuadrimestre.

Planificación do ensino

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Bioloxía dos animais acuícolas cultivables Obrigatorio 3 ECTS
Bioloxía das algas cultivables Obrigatorio 3 ECTS
Fisioloxía dos animais acuícolas cultivables Obrigatorio 6 ECTS
Xenética aplicada á acuicultura Obrigatorio 3 ECTS
Inmunoloxía Obrigatorio 3 ECTS
Patoloxía; prevención e control Obrigatorio 3 ECTS
Calidade da auga e instalacións Obrigatorio 3 ECTS
Alimentación e nutrición animal Obrigatorio 3 ECTS
Xestión económica, xurídica e medioambiental en acuicultura Obrigatorio 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Cultivo de macroalgas Optativo 3 ECTS
Cultivo de microalgas e zooplancton Optativo 3 ECTS
Cultivo de peixes Optativo 6 ECTS
Cultivo de moluscos bivalvos Optativo 6 ECTS
Cultivo doutros invertebrados Optativo 3 ECTS
Mareas tóxicas Optativo 3 ECTS
Enfermidades en invertebrados Optativo 3 ECTS
Enfermidades en peixes Optativo 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo fin de mestrado Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Prácticas en empresas Optativo 24 ECTS
Iniciación á investigación Optativo 24 ECTS
Proxecto de desenvolvemento innovador Optativo 24 ECTS

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.