Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Fotónica e Tecnoloxías do Láser

2015/2016 · 60 créditos

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

Web do mestrado

Planificación do ensino

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Aplicacións Biomédicas dos Láseres: Fundamentos Físicos Optativo 6 ECTS
Óptica Coherente Optativo 6 ECTS
Física dos Láseres Optativo 6 ECTS
Sensores Láser: Fundamentos e Aplicacións Optativo 6 ECTS
Óptica Cuántica Optativo 6 ECTS
Laboratorio de Fundamentos do Láser Optativo 6 ECTS
Métodos Computacionais Optativo 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Aplicacións Medioambientais dos Láseres Optativo 6 ECTS
Aplicacións Industriais dos Láseres Optativo 6 ECTS
Aplicacións Metrolóxicas dos Láseres Optativo 6 ECTS
Comunicacións Ópticas Optativo 6 ECTS
Laboratorio de Fotónica Optativo 6 ECTS
Prácticas en Empresa Optativo 12 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo de Fin de Mestrado Obrigatorio 12 ECTS

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.