Máster Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria

2023/2024 · 60 créditos

Que se aprende

Ofrecer unha formación especializada no ámbito das didácticas específicas que permita aos recentemente titulados que empezan a súa andaina profesional nos ámbitos produtivos mellorar o seu empregabilidade aos profesionais en activo (mestres de educación infantil e primaria en exercicio) mellorar a súa formación permanente, incidindo isto na mellora da súa actividade e na súa promoción académica e profesional.

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

Este mestrado universitario está dirixido á especialización de Mestres de educación infantil e Primaria, pero tamén a titulados noutras carreiras vinculadas á educación, por iso a súa saídas profesionais teñen que ver tanto co ámbito escolar vinculado á educación regrada como ao desempeño de tarefas noutras empresas relacionadas coa educación non formal onde estes titulados poden desenvolver a súa función.

Empresas e institucións colaboradoras

Este master en la medida que contempla prácticas externas en su plan de estudios, debe disponer de instituciones colaboradoras para tal fin. Estas son fundamentalmente centros escolares, pero también instituciones implicadas en la educación no formal, en la divulgación del conocimiento, en actividades de tiempo libre, etc.

Planificación do ensino

Estrutura do estudo

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Prácticum  Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo Fin de Máster  Obrigatorio 9 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.