Logo da Universidade da Coruña

Máster Universitario en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión

2018/2019 · 90 créditos

Que se aprende

As materias obrigatorias pretenden dotar ó alumno das ferramentas básicas que precisa un profesional do campo da biodiversidade terrestre, dende diferentes métodos de mostraxe de campo a ferramentas informáticas, uso de datos ou sistemas de información xeográfica. As materias optativas permiten ó alumno completar a súa formación, especializándose en técnicas de caracterización do medio, ou ben centrándose en aspectos da conservación da natureza ou de xestión do medio natural.

Competencias completas do estudo

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

Os futuros titulados posuirán un perfil académico que lles permitirá acceder a postos relacionados co estudo e a xestión da biodiversidade, como a consultoría ambiental, postos de responsabilidade do medio ambiente en administracións, ou a divulgación ambiental entre outros./p>

Planificación do ensino

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Bioloxía da Conservación Obrigatorio 3 ECTS
Calidade de Solos Optativo 3 ECTS
Fauna Ameazada Optativo 3 ECTS
Flora Ameazada Optativo 3 ECTS
Invasións Biolóxicas Optativo 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Dereito Ambiental Optativo 3 ECTS
Xestión e Planificación de Espazos Naturais Protexidos Optativo 3 ECTS
Cambio Global Optativo 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
  Guía Carácter Cuadr. créditos

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.