Máster Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos

2023/2024 · 120 créditos

Que se aprende

O obxectivo deste máster é proporcionar unha formación especializada e avanzada no desenvolvemento de videoxogos que capacite ao alumnado para a súa incorporación ao mundo empresarial e que permita cubrir as necesidades da industria, enfocándose nos seguintes puntos:

  • Formar profesionais capaces de entender e resolver os problemas derivados do proceso industrial de elaboración dun videoxogo desde a conceptualización ata a súa comercialización final
  • Achegar profesionais altamente capacitados e con afán de emprendemento que colaboren na creación dunha industria dos videoxogos forte e competitiva
  • Transmitir os valores necesarios para o traballo en equipo dentro de grupos multidisciplinares

Pode consultarse máis información e ver exemplos dos proxectos realizados polo alumnado en mastervideojeugos.udc.gal

Saídas profesionais e académicas

O perfil xenérico de saída son profesionais capaces de entender e resolver os problemas derivados do proceso industrial de elaboración dun videoxogo desde a conceptualización ata a súa comercialización final que sexan capaces de traballar nunha contorna multidisciplinar.

Saídas profesionais e académicas

Os posibles perfís de traballo na industria se poden dividir en distintos campos.

Produción: Dirección de desenvolvemento, Produción, etc.

Deseño: Deseñador/a de videoxogos, deseñador/a de niveis, deseñador/a de interfaces, deseñador/a de experiencia de usuario, etc.

Técnico: Desenvolvedor/a, programador/a de gráficos, programador/a de IA, programador/a de interfaces, programador/a de físicas, etc.

Marketing: Dirección de marketing, responsable de campañas de lanzamento, responsable de produto, deseñador/a de UX e monetización, analista de intelixencia de negocio e datos, comunicación en RRSS, etc.

Arte 2D e 3D: Artista conceptual, artista técnico, deseñador/a de contornas, modelador/a, texturizador/a animador/a, rigger, etc.

Planificación do ensino

Estrutura do estudo

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Márketing Estratéxico de Videoxogos Obrigatorio 6 ECTS
Desenvolvemento de Produtos e Marcas de Videoxogos Obrigatorio 6 ECTS
Márketing Operativo de Videoxogos Obrigatorio 6 ECTS
Aspectos Xurídicos do Desenvolvemento de Videoxogos Obrigatorio 3 ECTS
Empresa e Emprendemento Obrigatorio 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Deseño Narrativo Obrigatorio 3 ECTS
Fundamentos de Gráficos por Computador Obrigatorio 3 ECTS
Taller de Deseño de Videoxogos I Obrigatorio 3 ECTS
Deseño de Personaxes Obrigatorio 3 ECTS
Deseño de Xogabilidade Obrigatorio 3 ECTS
Deseño de Contornas Obrigatorio 3 ECTS
Deseño de Niveis Obrigatorio 3 ECTS
Deseño de Interfaces Obrigatorio 3 ECTS
Taller de Deseño de Videoxogos II Obrigatorio 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Programación para Videoxogos Optativo 6 ECTS
Videoxogos 2D Optativo 3 ECTS
Rendemento e Optimización de Videoxogos Optativo 3 ECTS
Programación Avanzada para Videoxogos Optativo 3 ECTS
Captura de Movemento Optativo 3 ECTS
Desenvolvemento para Dispositivos Móbiles Optativo 3 ECTS
Simulación Optativo 6 ECTS
Intelixencia Artificial Optativo 3 ECTS
Xogos Serios Optativo 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Prácticas Externas Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo Fin de Máster Obrigatorio 9 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.