Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Eficiencia e Aproveitamento Enerxético

2016/2017 · 72 créditos

Que se aprende

As competencias que se adquiren ao cursar estes estudos viran ao redor da eficiencia e aproveitamento enerxético nun sentido amplo, pero cobran especial importancia aquelas relacionadas con:

  • Auditorías e certificacións enerxéticas.
  • Análise e deseño de sistemas de aproveitamento con múltiples tecnoloxías.
  • Análise de consumos enerxéticos e os seus custos asociados.
  • Aplicación da lexislación vixente e regulamentación aplicable ao sector das enerxías renovables e da eficiencia enerxética.

Os egresados serán capaces de:

  • Asesorar, orientar e ofrecer solucións óptimas para optimizar os recursos e alcanzar a eficiencia e o aproveitamento enerxético en calquera sector.
  • Valorar a aplicación de tecnoloxías emerxentes no ámbito da enerxía e o medio ambiente baixo criterios como eficiencia, sustentabilidade ou cooperación.
  • Proseguir a súa formación investigadora e realizar unha tese doutoral.

Competencias completas do estudo

Saídas profesionais e académicas

O mercado da eficiencia enerxética é moi amplo e abarca distintos sectores:

  • Industria.
  • Transporte.
  • Edificación.
  • Servizos Públicos.
  • Equipamento residencial e terciario.
  • Agricultura.
  • Transformación da enerxía.

As perspectivas de actuación para os próximos anos e os potenciais de aforro enerxético que se manexan, provocarán una incorporación crecente de profesionais que cubran as necesidades destes sectores.

Os principais servizos ofrecidos polos profesionais da eficiencia enerxética son:

  • Optimización de contratos.
  • Auditorías enerxéticas.
  • Subcontratación de xestión enerxética.
  • Sistemas de xestión de enerxía.
  • Empresas de servizos enerxéticos.
  • Rehabilitación enerxética.
  • Edificación de alta eficiencia enerxética.
  • Planificación de mobilidade urbana.
  • Planificación transporte urbano.
  • Domótica.

Empresas e institucións colaboradoras

  • Aldesa Ingeniería y Servicios S.A.
  • Altenex, Equipos y Servicios Energéticos S.L.
  • Alumina Española S.A.
  • ARA SOLUTIONS, S.L.
  • Applus Norcontrol S.L.U.
  • Elecnor S.A.
  • Electrónica y Comunicaciones del Noroeste S.L.
  • Elpe Sistemas S.L.
  • Endesa Energía S.A.U.
  • Etiem Textil S.L.
  • Feriraco S. Coop. Galega
  • Ferroatlantica S.A.U.
  • Frimarte S.L.
  • Fundación Galicia Innova
  • Gas Natural SDG S.A.
  • GT Motive S.L.
  • Hallman Energy
  • ICOEUME Instalaciones y Comunicaciones del Eume S.L.
  • ISOWAT Electric Engineering S.L.
  • Kilovatio Galicia S.A.U.
  • Marem Servicios de Ingeniería S.L.
  • Narontec Gestión S.L.
  • Navantia S.A.
  • Norinver Montajes e Ingeniería S.L.
  • PROA Gestión Integral S.L.
  • Red Electríca de España S.A.U.
  • SEMI S.A.
  • Sergas
  • Siemsa Industria S.A.
  • SMG IBERIA S.L.
  • Soluciones de Gestión Productiva S.L.U.
  • STE Galicia S.C.
  • Técnica 4 Ingeniería y Montajes S.L.U.
  • Teshire Com S.L.
  • Tetrain Ingeniería S.L.P.
  • Tuimil Electricidad S.A.
  • Unión de Distribuidores de Electricidad (UDESA)
  • Verdiberia Aqualab, S.L.
  • VIAQUA Gestión Integral de Aguas de Galicia S.A.U.

Planificación do ensino

A distribución das materias ao longo do curso é a seguinte:

  • Primeiro cuadrimestre.

Impártense 4 materias obrigatorias e 2 optativas a elixir entre as 4 ofertadas.

  • Segundo cuadrimestre.

Impártese 1 materia obrigatoria e 6 optativas a elixir entre as 12 ofertadas.

Realizaranse a Prácticas empresa e o Traballo Fin de Mestrado.

Plano de estudos

Horarios

As características do acordo de dobre titulación co Instituto Politécnico de Bragança figuran na seguinte ligazón:

Dobre titulación

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Certificación da Eficiencia Enerxética Obrigatorio 6 ECTS
Sistemas de Aproveitamento Solar Obrigatorio 6 ECTS
Sistemas de Coxeración e Biomasa Obrigatorio 6 ECTS
Política Enerxética e Análise de Investimentos Obrigatorio 6 ECTS
Sistemas Eólicos Obrigatorio 6 ECTS
Prácticas de Empresa Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo Fin de Mestrado Obrigatorio 12 ECTS

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.