Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Xeoinformática (Interuniversitario)

2016/2017 · 60 créditos

Que se aprende

  • Adquirir coñecemento en tecnoloxías da información.
  • Adquirir coñecemento en xeomática e enxeñaría cartográfica.
  • Adquirir a capacidade para analizar as necesidades dunha empresa no ámbito xeoespacial e determinar a mellor solución tecnolóxica ás mesmas.
  • Adquirir o coñecemento para desenvolver bases de datos xeoespaciales, aplicar e desenvolver xeoprocesos dependendo das necesidades existentes e aplicar as ferramentas tecnolóxicas de xeovisualización de datos
  • Coñecer e ser capaz de aplicar os principios e metodoloxías da investigación como son a procura bibliográfica, a toma de datos e a análise e interpretación dos mesmos e a presentación de conclusións, de forma clara, concisa e rigorosa.

Competencias completas do estudo

Competencias específicas

  • Ser capaz de realizar modelado conceptual (obxectos, campos e redes), modelado lóxico (vectores, ráster e grafos), arquitecturas SIX, indexación espacial e modelado da información espazo temporal.
  • Coñecer os conceptos básicos de procesamento espacial, funcións vectoriais, funcións ráster, análise de terreo, interpolación, predición espacial, funcións sobre redes, xeoprocesos en bases de datos e xeoprocesos en diferente software comercial.
  • Coñecer os diferentes modelos de datos 2D e 3D, modelos temporais, xeovisualización de datos, operacións 3D, visualización de ferramentas de escritorio, creación de cartografía, visualización web.
  • Coñecer os fundamentos da interoperabilidade e infraestruturas de datos espaciais, software e fontes de datos existentes, así como aplicacións en infraestruturas de transporte, minería, enxeñaría forestal, xestión de residuos, plan urbanístico, xestión ambiental e xestión do medio mariño.
  • Coñecer a aplicabilidade que presentan os sistemas de sensorización remota, baseados en teledetección satelital ou redes de sensores inalámbricas.

Saídas profesionais e académicas

Planificación do ensino

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Representación de Información Espacial Obrigatorio 6 ECTS
Xeoprocesos Obrigatorio 6 ECTS
Visualización de Información Espacial Obrigatorio 6 ECTS
Proxectos SIX Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Teledetección e Procesado de Imaxe Optativo 6 ECTS
Redes de Sensores Optativo 6 ECTS
Desenvolvemento de Aplicacións SIX en Web Optativo 6 ECTS
Desenvolvemento de Aplicacións SIX Móbiles Optativo 6 ECTS
Prácticas Externas Optativo 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo de Fin de Mestrado Obrigatorio 12 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Fundamentos de Enxeñaría Cartográfica Optativo 6 ECTS
Fundamentos de Sistemas de Información Optativo 6 ECTS

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.