Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Socioloxía Aplicada: Investigación Social e de Mercados

2016/2017

Que se aprende

O sector da Investigación de Mercados constata que aumenta a investigación realizada a partir da recollida electrónica de datos on line increméntase tamén a investigación contratada a empresas que contan con persoal cualificado para realizar este tipo de análise. Isto conforma un novo tipo de profesional da investigación social e de mercados, que debe manter unha formación sólida naqueles aspectos que podemos denominar tradicionais (deseño de investigación, muestreo, técnicas de enquisas, análise estatístico descriptivo e explicativo, técnicas cualitativas, etc.) como naqueles outros que apareceron con forza no comportamento social (novas tecnoloxías, Internet, redes sociais) e no novo tipo de información dispoñible (big data). Esta formación integral é a que o capacita tanto para desenvolver análises complexos de data mining como para plantexar deseños de investigación cualitativos.

Competencias específicas

CE1 - Dominar nun nivel de posgrao os coñecementos, as ferramentas e os procedementos da investigación social e de mercados aplicándoos á solución de problemas e necesidades CE2 - Aplicar os procesos e protocolos de captación de información necesarios para observar e analizar de forma correcta e propia dun nivel avanzado o comportamento dos usuarios ou consumidores CE3 - Ser capaz de deseñar un proceso de investigación de carácter empírico demostrando dominio no uso de técnicas de investigación cuantitativa e/ou cualitativa CE4 - Ser capaz de discriminar a técnica de investigación axeitada ao problema plantexado CE5 - Ter capacidade para identificar, nun nivel de posgrao, a relevancia dos distintos factores relacionados cos entornos sociais, os mercados e os consumidores que deben ser tidos en conta na investigación CE6 - Análise crítico das sociedades de consumo actuais que permita coñecer a estructuración e o significado social do consumo CE7 - Ser capaz de xustificar unha axeitada segmentación e selección do público objectivo CE8 - Ter capacidade para traballar críticamente con fontes de datos, metodoloxías e técnicas de investigación científica e ferramentas informáticas propias da investigación social e de mercados CE9 - Ter capacidade para integrar e aplicar as novas tendencias en investigación social e de mercados de modo rendible e efectivo na empresa, as administracións ou outras organizacións CE10 - Ser capaz de redactar, presentar e defender documentos e informes de investigación social e de mercados CE11 - Coñecer, nun nivel de avanzado, os mercados e os consumidores, apreciando a diversidade dos seus enfoques

Saídas profesionais e académicas

As empresas e entidades, tanto públicas como privadas e do Terceiro Sector, necesitan ter profesionais que sepan analizar o mercado e a demanda do consumidor, así como coñecer as demandas sociais no sentido máis amplo. Polo tanto, a misión deste Mestrado defínese como: O compromiso na formación especializada tanto a nivel académico como investigador-profesional no ámbito dos estudos sociais e de mercado, de forma que se responda á necesidade social de especialistas universitarios cunha sólida formación para a investigación que facilite a toma de decisións. O objectivo xenérico é conseguir que o estudantado aprenda a desenvolver as súas funcións en empresas específicas de investigación de mercados (como institutos de investigación de mercados, axencias de publicidade, axencias de medios e consultoras, empresas de distribución, etc.), ou nos departamentos de investigación, marketing e comunicación de calquera institución pública e privada, xa sexa esta con ou sen ánimo de lucro. Traballarán en todo tipo de sectores, sendo os responsables de estudos de opinión pública, estudos de necesidades, investigacións de mercado e sondaxes de opinión.

Contorno profesional no que se sitúa

A misión e o obxectivo xenérico concrétanse nos seguintes obxectivos específicos: • Formar especialistas competentes capaces de colaborar na toma de decisións de marketing tanto en empresas (fabricantes, comercializadores, distribuidores, anunciantes, institutos de investigación de mercados e axencias de publicidade, entre outras) como na Administración Pública e en organizacións sen ánimo de lucro. • Formar profesionais expertos capaces de desenvolver investigación rigorosa e relevante no contexto nacional e internacional. • Dotar ás persoas tituladas deste Mestrado das competencias e habilidades sociais tanto para o traballo individual como en equipo. • Facilitar a súa inserción laboral cunha axeitada comprensión do seu rol e a súa relación con outros/as profesionais non expertos en investigación social e de mercados.

Saídas profesionais e académicas

Un mestrado coma o SAISM permite a posibilidade de establecer sinerxias importantes coas escolas de doutoramento das tres universidades galegas. Ao ofrecer unha formación técnica de calidade no nivel de posgrao en investigación cuantitativa e cualitativa, os doutorandos inscritos en calquera das escolas de doutoramento poden adquirir as competencias que as respectivas comisións dos programas de doutoramento determinen pertinentes para cada caso. Ademais, ao contar cun Traballo de fin de Mestrado de 12 ECTS, o SAISM capacita para matricularse en estudos de doutoramento.

Planificación do ensino

O SAISM organizouse en materias (que constitúen unidades coherentes desde o punto de vista disciplinar e de oferta curricular), desenvolvidas por materias concretas e agrupadas en módulos (que recollen o carácter obrigatorio e optativo dos créditos e a súa distribución temporal ao longo dos tres cuadrimestres nos que se imparte o Mestrado).

Estrutura do estudo

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Investigación: Deseño e Proceso Obrigatorio 3 ECTS
Mostraxe e Probas de Decisión Estatística Obrigatorio 3 ECTS
Construción e Análise de Indicadores Sociais e Índices Obrigatorio 3 ECTS
Fontes de Datos e Bases de Datos Obrigatorio 3 ECTS
Investigación Mediante Enquisa Obrigatorio 3 ECTS
Análise Estatística de Datos 1 Obrigatorio 4,5 ECTS
Análise Estatística de Datos 2 Obrigatorio 4,5 ECTS
Taller de Análise Cuantitativa Obrigatorio 9 ECTS
Deseño Cualitativo Obrigatorio 4,5 ECTS
Análise Cualitativa Obrigatorio 4,5 ECTS
Taller de Análise Cualitativa Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Prácticas Obrigatorio 12 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo Fin de Mestrado Obrigatorio 12 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Socioloxía dos Mercados Optativo 3 ECTS
Cultura e Actividade Económica Optativo 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Nocións Básicas de Mercado Optativo 3 ECTS
Mercados e Competencia Optativo 3 ECTS

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  • Asignada a docentes do estudo

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.