Máster Universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde

2023/2024 · 60 créditos

Que se aprende

Saídas profesionais e académicas

O Mestrado ten unha inspiración claramente investigadora. Neste sentido contémplase como un paso intermedio e necesario entre a formación de grado e o acceso ao Programa Oficial de Doutoramento en Ciencias do Deporte, Educación Física e Actividade Física Saudable, estudos estes últimos de carácter inter-universitario nos que colaboran as Universidades da Coruña e Vigo. Polo tanto, a formación de Máster constitúe unha vía de acceso ás oportunidades profesionais tanto de carácter académico como investigador, para os que habilita o grado de doutor. Ademais do acceso aos estudos de doctorado, este máster abre oportunidades laboráis noutros ámbitos de ocupación, como son: - Departamentos de Investigación e desenvolvemento en empresas relacionadas co control da actividade física (consultorías, empresas do sector do fitness etc.) - Centros de investigación sobre actividade física e saúde (Institutos de investigación, Fundaciones, Clínicas, Institucións públicas etc) - Equipos de análises do rendemento en entidades deportivas (Federacións, clubes deportivos.

Planificación do ensino

Titulación conxunta das Universidades de A Coruña e Vigo. Número de créditos: 60. Duración: 1 ano. Periodicidade: Anual. Tipo de ensino: Presencial. Idioma de impartición: Castelan e Galego. Número de prazas: 30. 15 Universidade da Coruña. 15 Universidade de Vigo. MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA: o número de créditos a cursar no primeiro ano será dun mínimo de 12 ECTS e dun máximo de 57 ECTS. En anos sucesivos o número mínimo e máximo estabrécese en 3 e 45 ECTS respectivamente. O mestrado se compón de 30 ECTS obligatorios, 20 ECTS optativos e 10 ECTS correspondentes ao Traballo Fin de Mestrado. Os créditos optativos son cursados a través de 9 asignaturas. No caso dos créditos optativos, estes son desenvolvidos dentro dalgunha das 5 liñas de investigación comnúns a amabolos dous centros responsables da titulación. O alumno escollerá algunha das liñas e deberá cumplimentar os 20 ECTS vinculado a algún dos grupos de investigación que desenvolvan dita liña.

Estrutura do estudo

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

 BOE co plan de estudos (PDF)

Referentes externos

Tanto os obxectivos e competencias como a estrutura e organización deste mestrado definíronse en base a documentos estatais e nacionais así como os regulamentos de estudos da Universidade Vigo e a Universidade da Coruña. En canto a documentos internacionais, tomáronse como referencia, entre outros, os seguintes: Bologna handbook, os Descriptores de Dublín, o proxecto Tunning educational structures in Europe, o documento Subject Benchmark Statements da QAA e as propostas da Council for Higher Education Accreditation. O sector de I+D+I ao que afecta este máster é o relacionado co deporte e a actividade física e saúde. A investigación no ámbito do deporte experimentou un gran auxe nos últimos anos, conlevando a incorporación de recursos informáticos e tecnolóxicos diversos á análise tanto do rendemento deportivo como das implicacións da actividade física e do exercicio físico na formación e saúde das persoas. Diso deriva o surximento de novas ámbitos profesionais no área das Ciencias da Actividade Física e do Deporte.

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.