Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Discapacidade e Dependencia

2015/2016 · 60 créditos

Que se aprende

-Integración e manexo das variables antropolóxicas e éticas dos procesos de discapacidade e dependencia. -Metodoloxía da investigación. -Técnicas de análise de datos. -Dominio das ferramentas de búsqueda e xestión da información científica. -Xestión e avaliación dos recursos sociosanitarios. -Técnicas e metodoloxías de investigación no eido da rehabilitación funcional en persoas con discapacidade e dependencia. -Técnicas e metodoloxías de investigación no eido da intervención psicosocial en persoas con discapacidade e dependencia.

Competencias completas do estudo

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

O mestrado en discapacidade e dependencia busca formar a diferentes profesionais en técnicas de investigación, xestión e avaliación de programas e recursos destinados á mellora da abordaxe dos problemas e necesidades das persoas con discapacidade e da sociedade. A saída prioritaria orientase cara o campo da investigación, dotando ao estudante das ferramentas axeitadas para que poida ser admitido e desenvolver con garantías as actividades dun programa de doutoramento. Por outra banda, as competencias adquiridas co título permitirán aos distintos profesionais que estuden o mestrado integrarse ou reintegrarse en centros de atención sociosanitaria coa capacidade de deseñar e implementar programas de intervención específicos así como avaliar o seu impacto sobre diferentes indicadores relacionados coa calidade de vida, autonomía persoal e benestar biopsicosocial de persoas con discapacidade e/ou en situación de dependencia.

Planificación do ensino

O mestrado consta dunha parte común que permite a diferentes profesionais do campo da atención sociosanitaria dominar coñecementos especializados sobre as cuestións éticas, xurídicas e antropolóxicas que rodean aos fenómenos da discapacidade e da dependencia, ao tempo que obteñen unha sólida capacitación para a investigación e xestión da información científica neste eido. Esta parte común (24 ECTS) entronca con dúas especialidades (30 ECTS) nas que se pretende ofrecer unha resposta dun modo máis específico as necesidades e intereses de formación dos diferentes profesionais que abordan dende diferentes enfoques as situación de discapacidade e dependencia. O Traballo Fin de Mestrado, cunha carga de 6 ECTS, desenvólvese no segundo cuadrimestre. Profesorado O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes: Prof. Dr. Alberto Cotillo Pereira Prof.Dr. Ramón Fernández Cervantes Prof. Gustavo Paseiro Ares Prof.Dr. Enrique Couceiro Domínguez Profa. Dr. María Carolina Pereira Sáez Prof. Dr. Antonio Masdías Bonome Profa. Dr. Pilar Vieiro Iglesias Profa. Dr. Isabel Piñeiro Aguín Profa. Dr. María Luisa Gómez Taibo Profa. Dr. Silvia López Larrosa Profa. Dr. Victoria Franco Taboada Profa. María Eugenia Amado Vázquez Prof. Dr. Marcelo Chouza Insua Profa. Dr. Beatriz Rodríguez Romero Prof. Sergio Patiño N

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.