Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos

2016/2017 · 120 créditos

Que se aprende

Saídas profesionais e académicas

Os alumnos que cursan o Máster Universitario en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos continuan con estes estudos, normalmente, unha vez rematado o Grao en Tecnoloxía da Enxeñería Civil ; para o que este grao foi específicamente deseñado. Así, os eidos de desenvolvemento deste Máster fan referencia á formación conxunta (grao e máster) que reciben os estudantes para conseguir a titulación profesional de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos.

Saídas profesionais e académicas

Así, unha vez rematado o grao e o Máster poderán desenvolverse profesionalmente en:

  • Deseño e elaboración de proxectos de Enxeñería
  • Planificación, execución e construción en Enxeñería
  • Xestión e dirección de empresas e institucións
  • Planificación e estratexia
  • Asesoramento técnico e científico
  • Consultoría avanzada
  • Mantemento e explotación de infraestruturas
  • Exercicio libre da profesión de Enxeñeiro de Camiños, C. e P.
  • Función pública (administración e enxeñería)
  • Modelización matemática e simulación avanzada
  • Investigación, desenvolvemento e innovación

en eidos como:

  • Os proxectos de Enxeñería Civil
  • A construción
  • A enerxía (infraestruturas, xeración, produción, distribución,...)
  • As estruturas (pontes, viadutos, pasarelas, muros, naves industriais, instalacións deportivas...)
  • A Enxeñería do Terreo (túneles, obras subterráneas, cimentacións,...)
  • A hidráulica e a hidroloxía (ríos, rías, canais, redes de distribución, cuncas hidrográficas, augas subterráneas,...)
  • A enxeñería sanitaria e ambiental (abastecemento, saneamento, estacións depuradoras,...)
  • Os portos e as actuacións costeiras (portos, portos deportivos, diques e espigóns, rexeneración de praias,...)
  • A loxística e o transporte (mercadorías, persoas, distribución, organización do transporte,...)
  • As estradas, os ferrocarrís e os aeroportos (estradas e autopistas, AVE, aeroportos,...)
  • O urbanismo e a ordenación do territorio (plans xerais de ordenación, ordenación do territorio, …)
  • A edificación

entre outros eidos relacionados coa enxeñería como a aeronáutica, a medicina, etc...

Planificación do ensino

Estrutura do estudo

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Cálculo avanzado en enxeñería Obrigatorio 6 ECTS
Mecánica de medios continuos Obrigatorio 6 ECTS
Mecánica computacional Obrigatorio 4,5 ECTS
Cálculo numérico Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Estruturas III Obrigatorio 6 ECTS
Portos e costas Obrigatorio 6 ECTS
Obras hidráulicas e hidroloxía Obrigatorio 6 ECTS
Ordenación do territorio e urbanismo Obrigatorio 6 ECTS
Estruturas de formigón Obrigatorio 6 ECTS
Ampliación de enxeñería do terreo Obrigatorio 6 ECTS
Enxeñería do transporte Obrigatorio 4,5 ECTS
Pontes I Obrigatorio 6 ECTS
Enxeñería sanitaria Obrigatorio 4,5 ECTS
Edificación. Rehabilitación de estruturas Obrigatorio 4,5 ECTS
Explotación de estradas Obrigatorio 4,5 ECTS
Dirección de empresas Obrigatorio 4,5 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo Fin de Mestrado Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Toma de decisións en enxeñería Optativo 4,5 ECTS
Estancia en prácticas Optativo 4,5 ECTS
Proxecto técnico Optativo 4,5 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Pontes II Optativo 4,5 ECTS
Cálculo dinámico de estruturas Optativo 4,5 ECTS
Análise experimental e monitorización de estruturas Optativo 4,5 ECTS
Materiais avanzados Optativo 4,5 ECTS
Deseño óptimo de estruturas Optativo 4,5 ECTS
Cálculo sísmico e aeroelástico de estruturas Optativo 4,5 ECTS
Deseño asistido e visualización Optativo 4,5 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Mecánica de rochas Optativo 4,5 ECTS
Dirección e explotación de portos Optativo 4,5 ECTS
Xestión avanzada do saneamento Optativo 4,5 ECTS
Túneles e obras subterráneas Optativo 4,5 ECTS
Enxeñería da enerxía Optativo 4,5 ECTS
Cimentacións especiais Optativo 4,5 ECTS
Enxeñería portuaria Optativo 4,5 ECTS
Proxecto de obras hidráulicas Optativo 4,5 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Planificación do transporte Optativo 4,5 ECTS
Paisaxe na enxeñería Optativo 4,5 ECTS
Sistemas de representación do territorio Optativo 4,5 ECTS
Enxeñería dos servizos urbanos Optativo 4,5 ECTS
Infraestrutura de estradas e aeroportos Optativo 4,5 ECTS
Explotación de sistemas de transporte Optativo 4,5 ECTS
Loxística Optativo 4,5 ECTS
Urbanismo II Optativo 4,5 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.