Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Didácticas Específicas

2017/2018 · 60 créditos

Que se aprende

O Mestrado Universitario en Didácticas Específicas permitiralle ao alumnado aprender a dispoñer dos coñecementos (saber), destrezas (saber facer) e actitudes (saber ser e estar) necesarios para exercer a súa actividade, posuirán e comprenderán coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a menudo nun contexto de investigación.

A pesar de que as competencias que o alumnado debe adquirir, en esencia, débense considerar de maneira integrada, a Universidade da Coruña optou por un modelo de clasificación que se especifica a continuación, para poder facer unha análise dos seus compoñentes.

Competencias xenéricas

As competencias xenéricas refírense a competencias transferibles a multitude de situacións e tarefas e son definidas pola propia titulación.

Integran as competencias propias do saber ser e estar que non son exclusivas dun único ámbito disciplinar, senón que son comúns a todos eles.

Competencias específicas

As competencias específicas integran as competencias propias do saber e do saber facer, que conforman o campo disciplinar propio da titulación. Son competencias relacionadas directamente coa ocupación/profesión. Deste xeito están directamente vinculadas aos diferentes módulos do título.

Competencias transversais

As competencias transversais son aquelas competencias definidas pola propia universidade que debería posuír calquera persoa universitaria que obtivese unha titulación na Universidade da Coruña.

Enténdense como competencias esenciais comúns ligadas á institución. Pódense abordar de forma integrada no currículo das materias e de forma específica a través de accións formativas desenvolvidas dende servizos da UDC como o Centro de Linguas, o Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE), a Aula de Formación Informática etc.

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

O mestrado non habilitará para ningunha profesión distinta á da titulación de ingreso dos/das estudantes.

As principais saídas académicas serán as de persoas tituladas que prosigan os seus estudos no ámbito do coñecemento socio-educativo e/ou cunha especialización nalgunha das temáticas do mestrado. Tamén permitirá que persoas tituladas noutras disciplinas que estiveran desempeñando a súa actividade profesional en contextos socio-educativos, obteñan unha formación específica nalgunha das áreas de coñecemento implicadas neste mestrado.

Planificación do ensino

A estrutura do mestrado incorpora nove áreas disciplinares baixo tres módulos formativos: Proxectos interdisciplinares, Investigación e Innovación nas Didácticas, así como una ampla oferta de materias optativas.

As tres materias agrupadas no “Módulo de Proxectos Interdisciplinares”, ofrecen un marco conceptual da interdisciplinariedade, analizando experiencias e boas prácticas.

Óptase por unha relación entre investigación e innovación, xa que o avance teórico, práctico e metodolóxico das liñas de investigación actuais en cada unha das didácticas específicas, faise palpable a través dos procesos de mellora que incorpora a innovación e viceversa. No “Módulo de Investigación” abórdanse tanto metodoloxías cualitativas como cuantitativas. No “Módulo de Innovación nas Didácticas” recóllense as materias de Practicum, Traballo de Fin de Mestrado (TFM) e Inglés. A primeira debido a que a través das Prácticas externas en centros escolares poderase chegar á análise de plantexamentos didácticos innovadores, a resolución de problemas concretos de investigación, etc. O TFM xa que constitúe unha oportunidade para reflexionar sobre as aprendizaxes acadadas nas distintas materias e a súa aplicación a problemáticas específicas. Por último, inclúese unha materia troncal cunha importante carga lectiva relacionada coa competencia comunicativa en lingua inglesa debido á detección de carencias importantes na formación permanente do profesorado.

Estrutura do estudo

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Inglés Obrigatorio 6 ECTS
Prácticas Externas (Prácticum) Obrigatorio 6 ECTS
Traballo fin de mestrado (TFM) Obrigatorio 9 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
A interdisciplinariedade en contexto Obrigatorio 4,5 ECTS
Análise de experiencias interdisciplinares Obrigatorio 4,5 ECTS
Deseño de proxectos interdisciplinares Obrigatorio 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Metodoloxía cualitativa Obrigatorio 3 ECTS
Metodoloxía cuantitativa Obrigatorio 3 ECTS

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.