Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativas

2017/2018 · 60 créditos

Que se aprende

Este mestrado pretende proporcionar os coñecementos necesarios para desenvolver, cunha formación especializada e de máximo rigor académico, as competencias necesarias para que as persoas que obtivesen o título poidan dirixir, xestionar e dinamizar centros escolares e outros de natureza socioeducativa.

Este Mestrado permitiranos formar a profesionais da educación nas competencias necesarias para especializarse no desempeño de tarefas de liderado, directivas e, moi especialmente, en aspectos que teñen que ver coa innovación na xestión e a organización.

En consonancia co enunciado anterior, proponse este máster, coa finalidade principal de formar profesionais competentes en contextos escolares e socioeducativos para intervir fundamentalmente no campo da dirección educativa, máis non unicamente. É o noso desexo formar profesionais competentes tamén noutras actividades profesionais, na atención á diversidade, no asesoramento e a acción en equipamentos de proximidade de natureza pública ou privada orientados á acción socioeducativa e sociocultural.

A implantación deste mestrado incrementará a investigación de calidade e permitirá o acceso directo aos programas oficiais de doutoramento ofertados pola Facultade de Ciencias da Educación da UDC, polo que é a vía natural para a continuación de doutorandos/as coa elaboración, difusión e revisión de liñas de investigación e traballo nos ámbitos nos que a nosa facultade xa ten un alto recoñecemento.

Quen se titule neste mestrado deberá ter un enfoque da súa profesión cuns altos niveis de actitude crítica, solidaria e participativa coa sociedade na que desenvolverá o seu traballo. Isto constitúe un obxectivo estratéxico da UDC, compartido por todas as súas titulacións, que se reflicte nas competencias xerais desta titulación, en que é de resaltar o peso nos contidos das normas de ética e independencia da profesión.

De igual forma, un dos obxectivos do mestrado é incrementar a capacidade do estudiantado no manexo das novas tecnoloxías da información e a comunicación aplicadas ao campo socioeducativo, así como á práctica profesional e investigadora de futuros/as profesionais, no marco da sociedade do coñecemento.

Competencias xenéricas

Este máster pretende proporcionar os coñecementos necesarios para desenvolver, cunha formación especializada e de máximo rigor académico, as competencias necesarias para que as persoas que obtivesen o título poidan dirixir, xestionar e dinamizar centros escolares e outros de natureza socioeducativa.

Este Máster permitiranos formar a profesionais da educación nas competencias necesarias para especializarse no desempeño de tarefas de liderado, directivas e, moi especialmente, en aspectos que teñen que ver coa innovación na xestión e a organización.

En consonancia co enunciado anterior, proponse este máster, coa finalidade principal de formar profesionais competentes en contextos escolares e socioeducativos para intervir fundamentalmente no campo da dirección educativa, máis non unicamente. É o noso desexo formar profesionais competentes tamén noutras actividades profesionais, na atención á diversidade, no asesoramento e a acción en equipamentos de proximidade de natureza pública ou privada orientados á acción socioeducativa e sociocultural.

A implantación deste máster incrementará a investigación de calidade e permitirá o acceso directo aos programas oficiais de doutoramento ofertados pola Facultade de Ciencias da Educación da UDC, polo que é a vía natural para a continuación de doctorandos/as coa elaboración, difusión e revisión de liñas de investigación e traballo nos ámbitos nos que a nosa facultade xa ten un alto recoñecemento.

Quen se titule neste máster deberá ter un enfoque da súa profesión cuns altos niveis de actitude crítica, solidaria e participativa coa sociedade na que desenvolverá o seu traballo. Isto constitúe un obxectivo estratéxico da UDC, compartido por todas as súas titulacións, que se reflicte nas competencias xerais desta titulación, en que é de resaltar o peso nos contidos das normas de ética e independencia da profesión.

De igual forma, un dos obxectivos do máster é incrementar a capacidade do estudiantado no manexo das novas tecnoloxías da información e a comunicación aplicadas ao campo socioeducativo, así como á práctica profesional e investigadora de futuros/as profesionais, no marco da sociedade do coñecemento.

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

Este mestrado está pensado para dous perfís profesionais que remiten, por unha banda, ao ámbito escolar e, pola outra, a diferentes ámbitos socioeducativos.

A actividade de dirección de centros relacionados coa pedagoxía escolar e a educación social vén determinada polo ámbito social do traballo e o carácter educativo da intervención, que neste caso é moi diversa, tanto polos ámbitos como polos contextos e tipoloxía de centros.

Planificación do ensino

Estrutura do estudo

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Practicum Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo fin de mestrado (TFM) Obrigatorio 6 ECTS

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.