Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Náutica e Transporte Marítimo

2016/2017 · 60 créditos

Que se aprende

  • Adquírense as competencias a nivel de xestión para o desenvolvemento da actividade profesional de Capitán da Mariña Mercante.
  • Adquírense competencias para o desenvolvemento de actividades de xestión tanto no ámbito da Administración, como no ámbito marítimo privado (estaleiros, navieiras, aseguradoras do sector, consignatarias, náutica deportiva).
  • Adquírense os coñecementos necesarios para dar inicio á actividade investigadora e á elaboración dunha tese de doutoramento.
  • Adquírense coñecementos para o desenvolvemento de actividades económicas, xurídicas o tecnolóxicas no sector do negocio marítimo.

Competencias completas do estudo

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

  • Capitán da Mariña Mercante
  • Administración marítima
  • Navieiras
  • Aseguradoras do Sector
  • Consignatarias
  • Auditorías e Peritaxe
  • Inspección e sociedades de clasificación de buques.
  • Estaleiros
  • Instalacions Náutico-deportivas
  • Investigación e docencia no ámbito universitario.

    Planificación do ensino

    As materias poden impartirse en castelán, galego e/ou inglés, segundo conste nas guías docentes de cada materia.

    Esta titulación dispón de guía docente
    Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

    Estrutura do estudo

    Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

     BOE co plan de estudos (PDF)

    Accións para a mobilidade do estudantado

    A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

    Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

    As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

    As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.