Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Dirección e Administración de Empresas

2016/2017 · 60 créditos

Que se aprende

O MBA ten como obxectivo desenvolver no estudantado un conxunto de competencias básicas a partir das que se detallan competencias xerais e específicas:

  • Posuír e comprender os coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
  • Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas a contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
  • Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
  • Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e as razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
  • Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.

Competencias completas do estudo

Saídas profesionais e académicas

Contorno profesional no que se sitúa

Formaremos profesionais da xestión empresarial que terán que desenvolver a súa profesión en contornos caracterizados pola súa complexidade e dinamismo. Neste sentido, combinarase unha robusta formación nos eidos clásicos da xestión (comercial, produción, organización, finanzas, loxística, sistemas de información etc.) cunha orientación práctica que fai do curso unha opción atractiva para o estudantado que desexe orientar a súa vida profesional pola empresa.

Saídas profesionais e académicas

Este mestrado universitario dá acceso ao programa de doutoramento que se imparte na Facultade de Economía e Empresa.

Alén disto, os titulados do MBA estarán capacitados para ocupar postos directivos en empresas e organizacións na xestión das distintas áreas funcionais, así como para desenvolver iniciativas na creación de empresas.

Empresas e institucións colaboradoras

Existen convenios con diferentes empresas para a realización de prácticas curriculares.

Planificación do ensino

Un dos alicerces fundamentais do MBA consiste na colaboración constante con empresas, institucións empresariais e directivos profesionais. A formación está totalmente dirixida á práctica e proba diso é a metodoloxía docente aplicada baseada en formadores profesionais responsables de dirixiren os casos propostos ao alumnado. O obxectivo básico é que o MBA chegue a ser un paso intermedio entre a formación académica e a empresa. Para isto, téntanse establecer as vías de colaboración que posibiliten tanto o acceso ao mercado laboral, como o cambio de dirección no devandito mercado.

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Talleres de directivos Obrigatorio anual 6 ECTS
Xogo de empresa Obrigatorio anual 6 ECTS
Análise do ámbito Obrigatorio 3 ECTS
Dereito de empresa Obrigatorio 3 ECTS
Dirección de marketing Obrigatorio 6 ECTS
Dirección financeira Obrigatorio 6 ECTS
Dirección xeral Obrigatorio 6 ECTS
Prácticas en empresas Obrigatorio 6 ECTS
Dirección de recursos humáns Obrigatorio 3 ECTS
Xestión da empresa familiar Obrigatorio 3 ECTS
Sistemas de información. Xestión das TIC Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo de fin de mestrado Obrigatorio 6 ECTS

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.