Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Contabilidade Superior e Auditoría de Contas

2015/2016 · 60 créditos

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

Permite o acceso ao programa de doutoramento da Facultade de Economía e Empresa.

As principais saídas profesionais son:

No sector privado: auditor de contas; auditor interno; responsable da contabilidade de empresas de todos os sectores de actividade; controller; director financeiro de entidades lucrativas e non lucrativas.

No sector público: interventor-auditor de contas do Estado ou de comunidade autónoma; inspector de Facenda, inspector do Banco de España; inverventor da Administración local; doutoramento en Contabilidade e Auditoría de Contas.

Empresas e institucións colaboradoras

Convenio co Colexio de Economistas da Coruña

Planificación do ensino

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Fundamentos de Auditoría Obrigatorio 6 ECTS
Procedimentos de Auditoría Obrigatorio 6 ECTS
Informes de Auditoría Obrigatorio 6 ECTS
Contabilidade Superior I Obrigatorio 6 ECTS
Contabilidade Superior II Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo fin de Mestrado Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Principios de Microeconomía Obrigatorio anual 6 ECTS
Estatística I Obrigatorio anual 6 ECTS
Análise das Operacións Financeiras Obrigatorio anual 6 ECTS
Dereito do Traballo e da Seguridade Social Obrigatorio anual 6 ECTS
Contabilidade de Sociedades Obrigatorio anual 6 ECTS
Dereito da Empresa Obrigatorio anual 6 ECTS
Facenda Pública Española. Sistema Fiscal Obrigatorio anual 6 ECTS

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.