Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Tecnoloxías de Edificación Sostible

2015/2016 · 90 créditos

Que se aprende

Identificada a necesidade de cambio e o obxectivo xeral que é converter o proceso construtivo e a xestión do edificio en procesos sostibles, o Mestrado define as súas liñas competenciais identificando as áreas de traballo en que terán que atenderse as necesidades do sector, xeradas por esta redefinición:

Novos materiais. Novas tecnoloxías. Novos sistemas construtivos. Eficiencia enerxética. Novos ámbitos de xestión do proceso edificatorio.

Estas áreas concrétanse nos seguintes 12 módulos docentes, que suman 90 ECTS en total:

1.Investigación e empresa.

2.Tecnoloxías avanzadas de representación gráfica en edificación e territorio.

3.Avaliación e mellora da eficiencia enerxética nos edificios.

4.Sistemas baseados en enerxías renovables (EERR) integrados nos edificios.

5.Acústica aplicada á edificación. Innovación e desenvolvemento.

6.Técnicas de xestión ambiental durante o ciclo de vida do edificio.

7.Incertezas e riscos nos sistemas estruturais e construtivos.

8.Tecnoloxía e deseño nos sistemas construtivos e estruturais avanzados.

9.Tecnoloxía e deseño nos sistemas construtivos e estruturais con novos materiais.

10.Tecnoloxía e deseño nos sistemas construtivos e estruturais con materiais tradicionais.

11.Prácticas externas.

12.Traballo de fin de mestrado.

Os módulos e materias permitirán a adquisición de competencias e contidos específicos, así como un maior potencial cara á I+D+i. As prácticas externas, de carácter obrigatorio, permitirán aos estudantes alcanzar unha maior especialización e facilitarán as accións de transferencia.

Competencias completas do estudo

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

Iniciación no ámbito da investigación en sustentabilidade, ben como a incorporación en grupos interdisciplinares para proxectos de investigación en empresa.

Consultor técnico, asesor e/ou auditor no ámbito das tecnoloxías de edificación sostible.

Dirección, xestión e/ou control no ámbito da edificación eficiente e a certificación enerxética.

Consultor técnico para a integración das enerxías renovables na edificación.

Planificación do ensino

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Prácticas externas Obrigatorio 12 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo fin de mestrado Obrigatorio 18 ECTS

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.