Máster Universitario en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental

2023/2024 · 60 créditos

Que se aprende

O Mestrado en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental consta dun total de 60 ECTS nun ano académico, distribuídos en: un módulo Común de 12 ECTS de materias troncais, un Módulo de especialidade de 30 ECTS en cada unha das dúas especialidades ofertadas: a) Química e b) Medio Ambiente) e un módulo de 18 ECTS do traballo de fin de mestrado con dous perfis:

  • Perfil Profesional: 12 ECTS de Prácticas obrigatorias a desenvolver en empresas e/ou institucións públicas e 6 ECTS de Traballo de fin de mestrado basado nás práctica obligatorias.
  • Perfil investigador: 12 ECTS de Prácticas obrigatorias para desenvolver en laboratorios de investigación e 6 ECTS de Traballo de fin de mestrado (6 ECTS)realizado no laboratorio das prácticas obligatorias.

A relación de materias en cada módulo pode consultarse en "estructura do estudo" nesta mesma páxina

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

As posibilidades de emprego dos titulados egresados nos sectores químico e ambiental son amplas e variadas. Entre elas cabe destacar:

Sector industrial: Explotación industrial (petroquímica, siderurxia, metalurxia, madeireiras, papeleiras, cementeiras, cerámicas etc.). Produtos auxiliares para a industria (disolventes, aditivos, catalizadores, lubricantes, pinturas etc.).

Industria agroquímica (fertilizantes, praguicidas etc.). Industria alimentaria. Industria farmacéutica; cosmética, produtos para a hixiene persoal e de limpeza. Industria dos plásticos, as fibras sintéticas e o caucho.

Análises químicas. Control de calidade, auditoría, acreditación e validación. Avaliación e xestión ambiental (control de emisións atmosféricas, efluente, depuración de augas, solos contaminados, residuos etc.); Tratamento, almacenaxe e/ou eliminación de residuos. Tratamento e potabilización da auga. Control, avaliación e auditoría ambiental. Consultoría de xestión ambiental. Enerxías renovables. Asesoramento científico-técnico.

Investigación, desenvolvemento, innovación e transferencia (I+D+i+t).

Formación continua de profesionais de distintos sectores (industria, ensino e Administración pública).

Planificación do ensino

Estrutura do estudo

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Prácticas Externas Obrigatorio anual 12 ECTS
Lexislación, Regulación e Xestión Obrigatorio 6 ECTS
Estratexias Analíticas Aplicadas ao Medio Ambiente Obrigatorio 6 ECTS
Traballo Fin de Máster Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Análise Estructural e Planificación Sintética Optativo 6 ECTS
Fronteiras na Química Inorgánica Actual Optativo 6 ECTS
Química Física Aplicada Optativo 6 ECTS
Elucidación de Mecanismos de Reacción Optativo 3 ECTS
Química Física de Materiais Optativo 3 ECTS
Especiación Química e Computación Optativo 3 ECTS
Química Bioinorgánica e Biomateriais Optativo 3 ECTS
Catálise Optativo 3 ECTS
Ciclos Bioxeoquímicos Optativo 3 ECTS
Química Bioorgánica e Supramolecular Optativo 3 ECTS
Reactividade Orgánica e Química Organometálica Optativo 3 ECTS
Química Sostible Optativo 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Métodos Estatísticos para Datos Medioambientais Optativo 3 ECTS
Ecoloxía e Biomonitorización Ambiental Optativo 3 ECTS
Calidade da Auga Optativo 6 ECTS
Calidade do Solo Optativo 3 ECTS
Calidade do Aire Optativo 3 ECTS
Resíduos Optativo 3 ECTS
Recursos Enerxéticos Optativo 3 ECTS
Xestión da Calidade Optativo 3 ECTS
Análise Instrumental Avanzado Optativo 3 ECTS
Monitorización Ambiental Optativo 3 ECTS
Economía Ambiental Optativo 3 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.