Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Avogacía

2016/2017 · 90 créditos

Que se aprende

  • A metodoloxía e a programación baséanse nunha formación activa e participativa e na asimilación progresiva de experiencias e razoamentos xurídicos.
  • Trátase de conseguir que o alumno adquira uns hábitos profesionais apropiados.

  • A organización do plan tende a conseguir que, dende o inicio, o alumno se desenvolva nas técnicas propias do exercicio da profesión de avogado.

Competencias completas do estudo

Competencias xenéricas

BÁSICAS

  • Poseer e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
  • Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
  • Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuizos
  • Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan ante públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades
  • Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.

XERAIS

  • Capacidade de traballo en equipo
  • Capacidade de liderado
  • Compromiso ético e moral coa sociedade analizado, ademais, dende unha perspectiva solidaria
  • Capacidade de resolución de problemas
  • Desenvolvemento dos principios de lealdade e confidencialidade
  • Capacidade de argumentar tanto en forma oral como escrita
  • Desenvolvemento dun espírito crítico, lóxico e creativo
  • Capacidade de manexo das tecnoloxías da información e comunicación no desenvolvemento da súa actividade laboral

Competencias específicas

ESPECÍFICAS

  • Posuír, comprender e desenvolver habilidades que posibiliten aplicar os coñecementos académicos especializados adquiridos no grao á realidade cambiante á que se enfrontan os avogados para evitar situacións de lesión, risco ou conflito en relación aos intereses encomendados ou o seu exercicio profesional ante tribunais ou autoridades públicas e nas funcións de asesoramento.
  • Coñecer as técnicas dirixidas á indagación e establecemento dos feitos nos distintos tipos de procedemento, especialmente a produción de documentos, os interrogatorios e as probas periciais.
  • Coñecer e ser capaz de integrar a defensa dos dereitos dos clientes no marco dos sistemas de tutela xurisdicionais nacionais e internacionais.
  • Coñecer as diferentes técnicas de composición de intereses e saber encontrar solucións a problemas mediante métodos alternativos á vía xurisdicional.
  • Coñecer e saber aplicar os dereitos e deberes deontolóxicos profesionais nas relacións do avogado co cliente, as outras partes, o tribunal ou autoridade pública e entre avogados.
  • Coñecer e avaliar as distintas responsabilidades vinculadas ao exercicio da actividade profesional, incluíndo o funcionamento básico da asistencia xurídica gratuíta e a promoción da responsabilidade social do avogado.
  • Saber identificar conflitos de intereses e coñecer as técnicas para a súa resolución, establecer o alcance do segredo profesional e da confidencialidade, e preservar a independencia de criterio.
  • Saber identificar os requirimentos de prestación e organización determinantes para o asesoramento xurídico.
  • Coñecer e saber aplicar na práctica o ámbito organizativo, de xestión e comercial da profesión de avogado, así como o seu marco xurídico asociativo, fiscal, laboral e de protección de datos de carácter persoal.
  • Desenvolver destrezas e habilidades para a ele

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

A formación capacita para o acceso á proba para obter o título de avogado/a. O obxectivo principal do Máster diríxese a lograr que o estudante obteña as competencias, habilidades e destrezas que lle permitan exercer a profesión de avogado unha vez que supere a proba estatal correspondente. Deste modo, poderá colexiarse e abrir o oportuno despacho profesional.

Empresas e institucións colaboradoras

O Mestrado en Avogacía, que habilita para o acceso á proba de capacitación para obter o título de avogado/a, impártese de forma conxunta entre a UDC e o ICACOR a través da Escola de Práctica Xurídica "Decano Igrexas Corral".

Planificación do ensino

O estudo se estrutura en tres cuadrimestres. As prácticas externas realízanse no segundo e terceiro cuadrimestre.

O Máster, de carácter presencial, organízase en dous grupos, mañá e tarde, sendo obrigatoria a asistencia, polo menos, a un 80% das sesións. Linguas nas que se imparte: Castelán. Galego.

  • Actividades formativas
  • Clases presenciais de aula
  • Seminarios Casos prácticos Xuízos simulados Visitas a institucións xudiciais Talleres de redacción e preparación de documentos relacionados coa profesión de avogado Prácticas en despachos ou institucións do ámbito público ou privado

  • Metodoloxías docentes
  • Análises de fontes documentais, particularmente sentenzas dos distintos órganos xurisdicionais e escritos elaborados polos avogados no exercicio diario da sua profesión
  • Aprendizaxe colaborativo Discusión dirixida Método do caso Eventos científicos, particularmente seminarios ou cafés xurídicos coa asistencia de xuristas de recoñecido prestixio Talleres dirixidos á presentación de simulacións, debates e/ou solución de problemas que xiren en torno ao exercicio da profesión de avogado Prácticas clínicas, particularmente no relativo ao exercicio profesional de avogado tratarase de xuízos simulados Presentacións orais Sesi

    Esta titulación dispón de guía docente
    Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

    Estrutura do estudo

    Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

      Guía Carácter Cuadr. créditos
    Deontoloxía e Técnicas Transversais Obrigatorio 6 ECTS
    Ténicas Instrumentais Obrigatorio 3 ECTS
    Práctica Procesual Civil Obrigatorio 6 ECTS
    Práctica Substantiva Civil I Obrigatorio 3 ECTS
    Práctica Procesual e Substantiva Laboral Obrigatorio 6 ECTS
    Práctica Administrativa Obrigatorio 6 ECTS
    Práctica Mercantil Obrigatorio 4,5 ECTS
    Práctica Tributaria Obrigatorio 4,5 ECTS
    Prácticas Externas II Obrigatorio 15 ECTS
    Práctica Procesual Penal Obrigatorio 6 ECTS
    Práctica Substantiva Penal Obrigatorio 4,5 ECTS
    Práctica Substantiva Civil II Obrigatorio 4,5 ECTS
    Prácticas Externas I Obrigatorio 15 ECTS
    Traballo Fin de Mestrado Obrigatorio 6 ECTS

    Referentes externos

  • PROFESORADO COLEXIO DE AVOGADOS
    • ABUIN PORTO, ANTONIO, AVOGADO
    • ALVAREZ PEREZ, MARIA FERNANDA, AVOGADO
    • ALVARO PRIETO, MARIA, SECRETARIA XULGADO
    • ANGUITA JUEGA, LUIS, FISCAL
    • ARANGÜENA SANDE, JORGE, XUÍZ TOGADO MILITAR
    • BALLESTEROS PASCUAL, JOSE ANTONIO, MAXISTRADO XUÍZ
    • BARRIO GARCIA, GONZALO, AVOGADO
    • BELLON MARTINEZ, VICENTE, AVOGADO
    • BRAÑA IGLESIA, MARIA DIGNA, AVOGADO
    • CAAVEIRO AMENEIRO, PURA, MAXISTRADO XUÍZ
    • CARIDAD BARREIRO, MIGUEL ANGEL, AVOGADO
    • CASTRO DIAZ, JORGE, AVOGADO
    • DELGADO DOMINGUEZ, JOSE LUIS, AVOGADO
    • ESPERON PORTELA, PEDRO, ECONOMISTA
    • ESTEVEZ MENGOTTI, MANUEL, AVOGADO
    • FERNANDEZ LOPEZ, ANA ISABEL, AVOGADO
    • FERNANDEZ-CHAO GLEZ-DOPESO, BLANCA, AVOGADO
    • FERREIRO NOVO, JOSE MANUEL, AVOGADO
    • FERREIROS PEREZ, BALBINO, MAXISTRADO XUÍZ
    • FREIRE GOMEZ, PABLO, AVOGADO
    • FUENTES GONZALEZ, MANUEL, LETRADO POLICIA NACIONAL
    • GARCIA MAGARIÑOS, FRANCISCO, INSPECTOR DE FACENDA
    • GARCIA-PUERTAS MAGARIÑOS, CARMEN, AVOGADO
    • GOMEZ CASTELLANO, FRANCISCO JAVIER, MAXISTRADO XUÍZ
    • GONZALEZ-CARRERO FOJON, PABLO, MAXISTRADO XUÍZ
    • GRELA BARREIRO, RAQUE

    Profesorado

    O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

    Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

    Accións para a mobilidade do estudantado

    A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

    Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

    As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

    As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.