Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías

2016/2017 · 60 créditos

Que se aprende

  • Contribuír, desde unha perspectiva interdisciplinar, á actualización do coñecemento dos graduados en Logopedia, Educación Infantil e Primaria, Psicoloxía, Pedagoxía, Psicopedagoxía e Terapia Ocupacional, e todos aqueles relacionados ou interesados nos transtornos da linguaxe e a comunicación.
  • Proporcionar coñecemento científico exhaustivo sobre todas aquelas alteracións cuxo estudo se inclúe no plan de estudos. Isto abrangue coñecemento sobre o estado da arte en cada tema, tanto nun nivel básico como de intervención, e sobre o curso futuro da investigación en sentido básico e aplicado.
  • Proporcionar coñecemento acerca das peculiaridades do traballo profesional neste ámbito, con especial atención á influencia que os contextos social e evolutivo teñen no tratamento deste tipo de problemas.
  • Proporcionar coñecemento e formación práctica sobre as estratexias, os programas e as técnicas de intervención propias deste ámbito de traballo.
  • Aplicar as estratexias e técnicas de intervención aos distintos problemas rotando por distintos centros e servizos.
  • Iniciar aos graduados no campo da investigación, proporcionándolles as técnicas e os coñecementos específicos para a realización dun traballo de investigación.

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

Posto que se trata dun mestrado universitario dirixido á especialización en materia de avaliación e intervención sobre os trastornos da comunicación e a linguaxe, a súa saída profesional ten que ver cos ámbitos en que os titulados poden desenvolver a súa función profesional: centros de atención temperá; centros de saúde públicos ou privados; centros educativos públicos, privados ou concertados; e exercicio privado da profesión ben de forma individual ou ben como parte de equipos interdisciplinares.

Os egresados deste mestrado disporán de formación especializada para a intervención nestes contextos, aínda que desde a óptica profesional do grao que cursasen previamente.

Empresas e institucións colaboradoras

Este programa debe conducir a unha especialización e, por tanto, a un aumento da calidade das intervencións nos distintos contextos profesionais en que se pretende dar resposta a dificultades da linguaxe e a comunicación. Ademais, este mestrado vai dirixido a que os titulados poñan en marcha investigacións de calidade que acheguen novo coñecemento no campo dos problemas da linguaxe.

Planificación do ensino

De acordo co Real decreto 1393/2007, modificado polo Real decreto 861/2010, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, e co Real decreto 1125/2003, polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo ol territorio nacional, o haber académico que representa o cumprimento dos obxectivos previstos nos plaes de estudos conducentes á obtención de títulos universitarios oficiais se medirá en créditos europeos o ECTS.

O número total de créditos para obter o título do Mestrado Universitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías será de 60 ECTS, que inclúen a formación teórica e práctica que os estudantes deben adquirir: materias obrigatorias, materias optativas e materias dos dous itinerarios que se ofrecen, seminarios, traballos dirixidos, realización de exames, Traballo de Fin de Mestrado e outras actividades formativas.

O mínimo de créditos para matricularse no primeiro e segundo ano, tanto a tempo completo como parcial, será o establecido por cada unha das universidades participantes, tal e como se recolle no punto 1.2 da memoria de verificación do título. As universidades da Coruña, Santiago de Compostela, Salamanca e Zaragoza traballan cunha equivalencia de 25 horas para cada crédito ECTS.

Estrutura do estudo

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Prácticum Obrigatorio 9 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo Fin de Mestrado Obrigatorio 12 ECTS

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.