Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Enxeñaría Industrial

2015/2016 · 90 créditos

Que se aprende

Alén de afondar nas tecnoloxías industriais, o mestrado ten amplos contidos en xestión, organización e explotación de plantas e instalacións industriais.

Competencias completas do estudo

Saídas profesionais e académicas

O alumnado do Mestrado Universitario en Enxeñaría Industrial poderá desempeñar o seu labor profesional en diversos sectores industriais:

  • Técnicas enerxéticas
  • Electrónica e automática
  • Enxeñaría eléctrica
  • Química industrial e medio
  • Metalurxia e enxeñaría de materiais
  • Construción industrial
  • Loxística, xestión e organización de empresas

Planificación do ensino

Este mestrado ten unha duración de 90 ECTS distribuídos en dous cursos académicos, coa seguinte repartición:

  • 66 ECTS de materias obrigatorias
  • 12 ECTS de materias optativas (inclue itinerarios)
  • 3 ECTS de prácticas externas
  • 9 ECTS do Traballo de Fin de Mestrado

Plano de estudos

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Enxeñaría de procesos de fabricación Obrigatorio 4,5 ECTS
Enxeñaría térmica Obrigatorio 4,5 ECTS
Tecnoloxía enerxética Obrigatorio 4,5 ECTS
Electrónica e instrumentación Obrigatorio 4,5 ECTS
Tecnoloxía eléctrica Obrigatorio 4,5 ECTS
Deseño e ensaio de máquinas Obrigatorio 4,5 ECTS
Enxeñaría de procesos químicos Obrigatorio 4,5 ECTS
Automatización industrial Obrigatorio 4,5 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Dirección de sistemas produtivos e loxísticos Obrigatorio 4,5 ECTS
Dirección de empresas Obrigatorio 6 ECTS
Xestión da innovación/dirección integrada de proxectos Obrigatorio 4,5 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo Fin de Mestrado Obrigatorio 9 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Prácticas Externas Obrigatorio 3 ECTS

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.