Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica

2017/2018 · 90 créditos

Que se aprende

Alén de afondar na tecnoloxía naval e oceánica, o mestrado ten amplos contidos en xestión e explotación de industrias marítimas.

Competencias completas do estudo

Saídas profesionais e académicas

O alumnado do Mestrado Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica poderá desempeñar o seu labor profesional en diversos postos do sector marítimo:

  • Estaleiros
  • Compañías navieiras
  • Sociedades de clasificación
  • Cargos en administración
  • Industria naval auxiliar
  • Consultoras
  • Oficinas técnicas
  • Empresas de explotación e operación de buques
  • Empresas de transporte e loxística
  • Portos

Planificación do ensino

Este mestrado ten unha duración de 90 ECTS distribuídos en dous cursos académicos, coa seguinte repartición:

  • 73,5 ECTS de materias obrigatorias
  • 4,5 ECTS de materias optativas
  • 3 ECTS de prácticas externas
  • 9 ECTS do Traballo de Fin de Mestrado

Plano de estudos

Calendarios e Horarios da EPS para o curso 2016/2017: PDF

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Ampliación de proxecto de buques Obrigatorio 4 ECTS
Dinámica do buque Obrigatorio 4 ECTS
Proceso integral de construcción de buques Obrigatorio 4 ECTS
Hidrodinámica naval avanzada Obrigatorio 4 ECTS
Deseño e optimización de estructuras navais Obrigatorio 4 ECTS
Deseño e optimización de plantas de enerxía e propulsión Obrigatorio 4 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Proxecto e construcción de artefactos oceánicos Obrigatorio 4,5 ECTS
Oceanografía Obrigatorio 4,5 ECTS
Dinámica de artefactos oceánicos Obrigatorio 4,5 ECTS
Tecnoloxía pesqueira e da acuicultura Obrigatorio 4,5 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Enxeñaría de sistemas navais e oceánicos Obrigatorio 4,5 ECTS
Transporte e comercio marítimo Obrigatorio 4,5 ECTS
Xestión de empresas marítimas Obrigatorio 4,5 ECTS
Apoio loxístico integrado Obrigatorio 4,5 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Ampliación de matemáticas Optativo 4,5 ECTS
Métodos numéricos aplicados a medios continuos Optativo 4,5 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo Fin de Mestrado Obrigatorio 9 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Prácticas Externas Obrigatorio 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Tecnoloxía da construcción do buque Optativo 4,5 ECTS
Ampliación de hidrostática e hidrodinámica Optativo 4,5 ECTS
Estructuras navais Optativo 4,5 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Máquinas e motores térmicos marinos Optativo 4,5 ECTS
Ampliación de hidrostática e hidrodinámica Optativo 4,5 ECTS
Estructuras navais Optativo 4,5 ECTS

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.