Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Materiais Complexos: Análise Térmica e Reoloxía

2015/2016 · 60 créditos

Competencias xenéricas

  • B2. Resolver problemas de forma efectiva.
  • B3. Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
  • B4. Traballar de xeito autónomo con inciativa.
  • B5. Traballar de forma colaborativa.
  • B6. Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadáns e profesionais.
  • B7. Comunicarse de xeito efectivo nun contorno de traballo.
  • B10. Actitude orientada á análise.
  • B12. Capacidade para atopar e manexar a información.
  • B17. Analizar e descompor procesos.
  • B18. Capacidade de abstracción, comprensión e simplificación de problemas complexos.
  • B22. Vontade de mellora continua.
  • CG1. Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
  • CG2. Entender a importancia da protección do medio.

Competencias específicas

  • CE1. Configurar e realizar ensaios mediante as técnicas de análise térmica e reoloxía máis acaídas en cada caso, dentro do ámbito dos materiais complexos.
  • CE2. Identificar e valorar os distintos tipos de materiais complexos.
  • CE3. Coñecer os distintos tipos de comportamento térmico e reolóxico dos materiais.
  • CE4. Coñecer e aplicar técnicas estatísticas á análise de datos procedentes de ensaios de materiais complexos.
  • CE5. Comprender a relación entre a estrutura e as propiedades dos materiais.
  • CE6. Entender a importancia do medio e da investigación encamiñada á eliminación/minimización dos residuos finais ou de proceso.
  • CE7. Coñecer os distintos tipos de comportamento térmico/mecánico á fatiga dos materiais.
  • CE8. Coñecer e cuantificar os danos provocados pola fatiga termomecánica nos materiais.

Competencias transversais

  • C2. Dominar a expresión e a comprensión dun idioma estranxeiro de forma oral e escrita.
  • C4. Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  • C6. Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas con que deben enfrontarse.
  • C7. Asumir como profesionais e cidadáns a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  • C8. Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
  • C9. Valorar a importancia que ten a investigación na protección do medio.

Saídas profesionais e académicas

Contorno profesional no que se sitúa

O desenvolvemento de materiais complexos é importante en sectores tan diversos como, por exemplo, a aeronáutica, a alimentación, a cosmética, os plásticos, o caucho, o naval, a industria farmacéutica, a electrónica, a enxeñaría civil ou o téxtil.

Saídas profesionais e académicas

Investigación, desenvolvemento e innovación en centros públicos e en empresas relacionadas, entre outras, coas seguintes actividades:

  • Aeronáutica (composites)
  • Alimentación (espesantes, preparados industriais etc.)
  • Cosmética (cremas, esmaltes, nanopigmentos...)
  • Plásticos (empresas transformadoras por inxección, extrusión, laboratorios de I+D)
  • Caucho (transformación, pneumáticos, correas etc.)
  • Naval (elaboración de composites avanzados para embarcacións, pinturas antifouling respectuosas co medio)
  • Industria farmacéutica (biomateriais e materiais biomiméticos, excipientes, formulacións)
  • Electrónica (preparación de chips, adhesivos)
  • Enxeñaría civil (composites, adhesivos, recubrimentos autolimpables)
  • Téxtil (fibras, recubrimentos flexibles, pel sintética, tecidos intelixentes)

Empresas e institucións colaboradoras

  • University of Oregon
  • Sabic Innovative Plastics
  • TAInstruments
  • Kraft Foods Inc.
  • L'Oreal
  • Ives Rocher
  • Borg Warner
  • Corvisa (Isolux-Corsán)
  • Control y Estudios/Proyfe
  • Muebles Hermida
  • Stac
  • Gairesa
  • Ciuden

Planificación do ensino

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo Fin de Mestrado Obrigatorio 18 ECTS

Referentes externos

Profesorado:

  • Alain Ponton, director do Centre national de la recherche scientifique (CNRS), Université Paris Diderot-CNRS
  • Eric Buhler, profesor titular de universidade, Université Paris Diderot
  • Patrice Flaud, Profesor, Université Paris Diderot
  • Marc Durand, Profesor titular de universidade (Université Paris Diderot)
  • Florent Carn, Profesor titular de universidade (Université Paris Diderot)
  • Ramón Artiaga, Profesor titular de universidade (Universidade da Coruña)
  • Socorro Castro, Profesor titular de universidade (Universidade da Coruña)
  • Mario Francisco, Profesor titular de universidade (Universidade da Coruña)
  • Salvador Naya, Profesor titular de universidade (Universidade da Coruña)
  • Ginés Nicolás, Profesor titular de universidade (Universidade da Coruña)
  • María Antonia Señarís. Catedrática de universidade (Universidade da Coruña)
  • Jorge López, Profesor contratado doutor (Universidade da Coruña)
  • Javier Tarrío, Lecturer (Universidade da Coruña)
  • Sonia Zaragoza, Profesora contratada doutora (Universidade da Coruña)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.

Accións concretas do centro

Mobilidade de todo o alumnado de acordo co convenio específico subscrito para esta dupla titulación entre as universidades Paris Diderot e da Coruña.

Alén disto, cóntase co convenio de mobilidade Erasmus Estudos (SMS) e Erasmus Prácticas (SMP), así como con convenios de intercambio de profesorado e persoal de administración e servizos (STA e STT).