Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Banca e Finanzas

2015/2016 · 60 créditos

Que se aprende

O programa do Mestrado en Banca e Finanzas foi deseñado para abarcar as materias fundamentais no campo das finanzas de mercado e empresariais, tanto desde un punto de vista descritivo como de análise e valoración. O nivel de profundidade no estudo de cada unha das materias que compón o programa é elevado, o que favorece a adquisición dunha importante base teórico-práctica nestas, así como o coñecemento das liñas de investigación máis actuais e o contacto coas publicacións máis avanzadas.

Competencias completas do estudo

Saídas profesionais e académicas

Contorno profesional no que se sitúa

Na contorna actual de gran sofisticación dos mercados e instrumentos financeiros, as empresas necesitan contar con profesionais especializados e que, ademais, teñan habilidades directivas e capacidade de análise.

Saídas profesionais e académicas

Este mestrado universitario dá acceso ao programa de doutoramento que se imparte na Facultade de Economía e Empresa da UDC.

Analista financeiro, xestor de patrimonios, asesor de investimentos, operador intermediario, executivo de banca e director financeiro son algúns dos perfís profesionais aos que se orienta a formación proporcionada.

Empresas e institucións colaboradoras

Existen convenios de colaboración con todo tipo de empresas para desenvolver prácticas profesionais nas áreas de interese en que se centra o Mestrado.

Planificación do ensino

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Mercados Financeiros Obrigatorio 4 ECTS
Técnicas estatístico-econométricas aplicadas Obrigatorio 5 ECTS
Sistema financeiro Obrigatorio 5 ECTS
Valoración de activos financeiros Obrigatorio 3 ECTS
Banca Obrigatorio 5 ECTS
Sistemas de información Obrigatorio 3 ECTS
Valoración financeira Obrigatorio 3 ECTS
Marketing financeiro Obrigatorio 2 ECTS
Fiscalidade das Operacións e dos Instrumentos Financeiros Obrigatorio 3 ECTS
Análise e xestión de riscos Obrigatorio 4 ECTS
Instrumentos financeiros derivados Obrigatorio 3 ECTS
Macroeconomía en economías abertas Obrigatorio 3 ECTS
Contabilidade de entidades e instrumentos financeiros Obrigatorio 3 ECTS
Traballo Fin de Mestrado Obrigatorio 6 ECTS
Prácticas en empresa Obrigatorio 6 ECTS
Dereito da intermediación financeira Obrigatorio 2 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.