Logo da Universidade da Coruña

Máster Universitario en Acuicultura

2018/2019 · 90 créditos

Que se aprende

Este mestrado oficial foi deseñado para cubrir as necesidades profesionais e de investigación en todas as áreas relacionadas coa acuicultura. Para asegurar o seu éxito, o mestrado compaxina os enfoques académico, profesional e investigador. Por iso, non só participan as tres universidades do Sistema Universitario Galego (SUG), senón tamén todos os entes sociais que en Galicia están implicados en calquera área relacionada coa acuicultura, incluídos os centros de formación (Instituto Galego de Formación en Acuicultura, IGAFA), os centros de investigación (Instituto Español de Oceanografía, IEO, de Vigo e A Coruña; Instituto de Investigacións Mariñas CSIC, Vigo; centros de investigacións mariñas, CIMA, de Corón e Ribadeo), así como as asociacións e os clústers de empresas, caso do Cluster de Acuicultura de Galicia e a Organización de Produtores de Mexillón de Galicia (OPMEGA). A docencia teórica impártese a través de videoconferencia, desde as facultades de Bioloxía e de Ciencias das tres Universidades, e de modo presencial nos centros non universitarios participantes. A docencia práctica impartirase sempre vía presencial.

http://www.usc.es/macuicg

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

A acuicultura é un dos sectores produtores de alimento con maior potencial de crecemento; segundo a FAO, supón a única posibilidade de manter a proporción adecuada de peixe na dieta, xa que a pesca extractiva mantén estable a súa capacidade de produción mais sen perspectivas de que se produzan aumentos significativos nela. Actualmente, España conta cunha industria acuícola saneada e en franca expansión que necesita profesionais altamente cualificados. Por iso, xorde a necesidade de ofrecer aos estudantes programas oficiais de mestrado onde poder especializarse nesta disciplina. Ademais, este mestrado promove a relación do alumnado coas empresas do sector a través dos convenios de colaboración (asinados formalmente entre as tres universidades participantes e as empresas-centros conveniados) con 10 grandes empresas e centros de cultivo de peixes, que ofertan preto dunha vintena de postos de prácticas en empresa para cursar no terceiro cuadrimestre.

Planificación do ensino

Estrutura do estudo

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Introdución á acuicultura Obrigatorio 3 ECTS
Bioloxía dos animais acuáticos cultivables Obrigatorio 3 ECTS
Bioloxía das algas cultivables Obrigatorio 3 ECTS
Fisioloxía dos animais acuáticos cultivables Obrigatorio 6 ECTS
Xenética aplicada á acuicultura Obrigatorio 3 ECTS
Inmunoloxía dos animais acuáticos cultivables Obrigatorio 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Patoloxía en acuicultura Obrigatorio 6 ECTS
Diagnóstico de enfermidades Optativo 6 ECTS
Desenvolvemento de ferramentas de prevención e control Optativo 3 ECTS
Ferramentas para a análise epidemiolóxica Optativo 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Alimentación e nutrición Obrigatorio 3 ECTS
Calidade e xestión da auga Optativo 3 ECTS
Toxicoloxía e mareas tóxicas Optativo 3 ECTS
Xestión de empresas acuícolas Optativo 3 ECTS
Calidade, procesado e trazabilidade Optativo 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Cultivo de microalgas e zooplancton Optativo 3 ECTS
Cultivo de macroalgas Optativo 3 ECTS
Cultivo de peixes Optativo 6 ECTS
Cultivo de moluscos bivalvos Optativo 6 ECTS
Cultivo doutros invertebrados Optativo 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Mellora xenética Optativo 3 ECTS
Xestión de recursos xenéticos en acuicultura Optativo 3 ECTS
Xenómica estrutural e funcional Con restriccións Optativo 3 ECTS
Aplicacións biotecnolóxicas en acuicultura Optativo 6 ECTS
Deseño experimental e análise de datos Optativo 3 ECTS
Análise filoxenética Optativo 3 ECTS

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.