Máster Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade

2023/2024 · 60 créditos

Que se aprende

O Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade organízase enn catro módulos con diversas materias, tres deles obrigatorios e que se imparten no primeiro cuadrimestre:

  • Teoría e Crítica nos Estudos Literarios e Culturais. Teoría e crítica nos estudos literarios; Novos enfoques nos estudos literarios e culturais; Literatura, cultura e sociedade; Estudos comparatistas e tradicións literarias.
  • Tecnoloxías e métodos para os estudos literarios e culturais. Métodos e técnicas para a elaboración e presentación de traballos de investigación; Estudos do libro e de edición; Recursos para a investigación da literatura.
  • Literatura, cultura e arte. Literatura e espectáculo; Literatura e arte; Literatura e medios de comunicación.

No segundo cuadrimestre cúrsase o módulo da especialidade:

  • Literatura e cultura no ámbito galego-portugués
  • Literatura e cultura no ámbito hispánico

Competencias xenéricas

O Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade ten os seguintes obxectivos canto ás competencias xenéricas que debe adquirir o seu alumnado:

  • Proporcionar ao estudantado unha formación especializada avanzada nos estudos literarios e culturais, co fin de preparalos para o acceso a diferentes postos profesionais cualificados e para a realización do doutoramento.
  • Capacitar o alumnado para que adquira un coñecemento exhaustivo das liñas de investigación e das propostas críticas máis relevantes no ámbito dos estudos literarios e culturais.
  • Capacitar o alumnado para abrir vías de investigación novidosas no campo dos estudos culturais e literarios.

Saídas profesionais e académicas

As saídas no mundo laboral enmárcanse preferencialmente no campo humanístico, literario e cultural. Os principais perfís de saídas académico-laborais son os que seguens: docencia, asesoramento e mediación cultural e editorial, medios de comunicación... O estudantado pode, igualmente, continuar a súa formación superior e acceder aos varios programas de doutoramento.

Planificación do ensino

Estrutura do estudo

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Literatura e Espectáculo Obrigatorio 3 ECTS
Literatura e Arte Obrigatorio 3 ECTS
Literatura e Medios de Comunicación Obrigatorio 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo Fin de Máster Obrigatorio 12 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.