Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria

2015/2016 · 60 créditos

Que se aprende

Tres especialidades, de 45 ECTS:

Reeducación Funcional, Autonomía Personal e Calidade de Vida: especialidade presencial para a formación e investigación en estratexias de atención interdisciplinar para a promoción da autonomía persoal e mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade. 25 prazas

Fundamentos de Investigación Biomédica: especialidade presencial para a formación avanzada en técnicas de investigación en bioloxía celular, cultivo celular, terapia celular e medicina rexenerativa, bioquímica e bioloxía molecular, xenética, xenómica, proteómica, microbioloxía, neurociencia, bioinformática, epidemioloxía etc. 10 prazas

Investigación Clínica: especialidade a distancia para a formación e investigación no ámbito da clínica. 20 prazas

Podes consultar os horarios aquí: http://www.imedir.udc.es/mais/?page_id=46

Competencias completas do estudo

Competencias xenéricas

Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, acotío nun contexto de investigación.

Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.

Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.

Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados.

Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando.

Competencias específicas

Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.

Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas con que deben enfrontarse.

Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao largo da vida.

Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.

Competencias transversais

Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.

Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas con que deben enfrontarse.

Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultura da sociedade.

Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais de da comunidade autónoma.

Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma extranxeiro.

Saídas profesionais e académicas

O Mestrado capacita para a realización da activade investigadora no ámbito das ciencias da saúde, desde un punto de vista multidisciplinar que abrangue desde a investigación básica á clínica.

Contorno profesional no que se sitúa

Os grupos de investigación da UDC implicados no presente programa, e tamén os grupos de investigación do CHUAC e do INIBIC, presentan unha considerable produción científica e dispoñen dun número apreciable de proxectos de I+D+i. Un feito que demostra o interese e o apoio da Administración na evolución destos grupos é o proxecto de creación do Centro de Investigación Tecnolóxica en Saúde e Calidade de Vida (Proxecto ASISTA), no futuro Parque Tecnolóxico da UDC.

Saídas profesionais e académicas

En función da especialidade realizada, o Mestrado capacita para a actividade nos seguintes campos: investigación básica e clínica, desenvolvemento de ensaios clínicos, laboratorios clínicos, industria farmacéutica e biotecnolóxica, sanidade e benestar humano. O Mestrado dá acceso ao Programa de Doutoramento en Ciencias da Salúde, que ofrece un amplo abano de grupos e liñas de investigación Máis información en http://www.udc.es/ensino/doutoramento/.

Empresas e institucións colaboradoras

Este mestrado conta cunha notable participación de grupos de investigación da UDC no ámbito das ciencias da saúde e coa colaboración dos grupos de investigación do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC) e do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC). O conxunto destes grupos caracterízase por unha abondosa produción científica e pola súa capacidade para conseguir financiamento público e privado para desenvolver proxectos de I+D+i.

Planificación do ensino

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Investigación Sanitaria no Hospital e na Universidade Obrigatorio anual 6 ECTS
Investigación Clínica I Obrigatorio 6 ECTS
Investigación Clínica II Obrigatorio 6 ECTS
Investigación Clínica III Obrigatorio 3 ECTS
Investigación en Ciencias da Saúde I Obrigatorio 6 ECTS
Investigación en Ciencias da Saúde II Obrigatorio 6 ECTS
Traballo Fin de Mestrado: Investigación Clínica Obrigatorio 12 ECTS

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.