Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Dereito: Estudos da Unión Europea

2015/2016 · 60 créditos

Que se aprende

O alumnado adquirirá unha formación avanzada de carácter especializado e multidisciplinar, en todas aquelas materias que comprenden as múltiples dimensións da Unión Europea. En particular, o Mestrado está orientado á formación de profesionais cualificados na Administración europea e na xestión de recursos da Unión Europea.

Competencias completas do estudo

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

Web do mestrado

Administracións: local, autonómica, nacional e da UE. Axentes económicos, xurídicos e sociais que operan no mercado interior da UE. Programa idóneo para a preparación de oposicións á UE. Programa de prácticas ao rematar o Mestrado. Función pública europea; axentes temporais da UE nas delegacións da Comisión Europea no exterior; consultores en temas europeos; administración público-autonómica e do Estado.

Planificación do ensino

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Cultura xurídica europea Obrigatorio 4 ECTS
Integración económica Obrigatorio 3 ECTS
Integración xurídica e transformacións dos sistemas xurídicos Obrigatorio 4 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Constitución. cidadanía e dereitos Obrigatorio 6 ECTS
Rexións Obrigatorio 2 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Políticas e liberdades Obrigatorio 4 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Sistema xurisdiccional da Unión Europea Obrigatorio 5 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Dereito comunitario do mar Optativo 10 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Espazo de liberdade. seguridade e xustiza Optativo 10 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Captación e xestión de recursos Optativo 5 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Dereito do consumo Optativo 5 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
A acción exterior da Unión Europea Optativo 5 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Mercado interior Optativo 5 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Metodoloxía da investigación Obrigatorio 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Francés Xurídico-Económico Obrigatorio 1 ECTS
Galego e Administración Pública Obrigatorio 1 ECTS
Inglés Xurídico-Económico Obrigatorio 1 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo Fin de Mestrado Obrigatorio 6 ECTS

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  • Asignada a docentes do estudo

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.