Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Enxeñaría da Auga pola Universidade da Coruña e Hochschule Magdeburg-Stendal (Fh)(Alemania)

2017/2018 · 90 créditos

Que se aprende

O Máster proporciona unha formación académica, que permite unha especialización, tras obter a correspondente titulación de acceso da rama de Enxeñería ou ciencias experimentais No ámbito profesional preténdese a formación de especialistas que poidan optar con vantaxe a postos de traballo nos distintos sectores relacionados coa enxeñería da auga, e tamén no ensino superior e na administración pública. No ámbito científico os alumnos estarán capacitados para proseguir a formación investigadora e realizar unha tese doutoral

Saídas profesionais e académicas

A formación adquirida polos estudantes, habilitaralles como profesionais especializados en temas referentes á auga e cualificados para traballar en empresas de consultoría especializadas e xerais, laboratorios, empresas de servizos, empresas de construción. Persoal cualificado para o desenvolvemento de actividades I+D+i. As prácticas (15c) en empresas e institucións vinculadas á UDC será unha materia obrigatoria e incrementarán as opcións do titulado para a súa inserción laboral.

Contorno profesional no que se sitúa

A pesar de que a situación de empleabilidade nos últimos anos está a ser difícil, os estudantes, unha vez finalizada a formación deste máster, fóronse incorporando á vida laboral en empresas relacionadas coa xestión da auga, tanto de Galicia como do resto do país e nas empresas estranxeiras.

Saídas profesionais e académicas

Profesionais especializados en temas referentes a auga,cualificados para traballar en empresas de consultoría especializadas e xerais, laboratorios, empresas de servicios, empresas da construcción. Enxeñaría da Auga e investigación. Personal cualificado para el desarrollo de actividades I+D+I. As prácticas (15c) en empresas e institucións vinculadas á UDC será unha materia obrigatoria e incrementarán as opcións do titulado para a súa inserción laboral. http://caminos.udc.es/info/asignaturas/201/masterindex.html https://www.hs-magdeburg.de

Empresas e institucións colaboradoras

SGS Tecnos S.A. ENDESA GENERACIÓN S.A University of Magdeburg Hochsule Empresa Municipal de Aguas de La Coruña , S.A Norwegian University of Science and Technology (NTNU) VIAQUA Gestión Integral de Aguas de Galicia S.A Solimno Tec GmbH+Co.KG Empresa mixta de augas de Ferrol S.A CONSULTORA DE INGENIERÍA, MEDIO AMBIENTE Y ARQUITECTURA SL CIMARQ Aquaourense Universidad de San Diego, California Universidad de Hoguin (Cuba) Adantia École polytechnique fédérale de Lausanne Empresa Mixta de Augas de Ferrol S.A Spina y delfin Universidad Politécnica Laussane INRS: Institut National de la Recherche Scientifique. Quebec OHL PUERTO DE FERROL Aquatica Dipartimento di Elettronica, Informazione e Bioingegneria Politecnico di Milano Grupo Puentes Leichtweiss Institute for Hydraulic Engineering and Water Resources Fichtner Water and Trasnportation Aguas de Alicante Deutsches Biomasseforschungszentrum- ASTURAGUA SGS GGU Gesellschaft für Grundban und Umwelttechnique UFZ Helmholtz Centre for Environmental Research University of A Coruña.ETS Ingeniería Industrial Ayuntamiento de Ávila INROS-LACKNER Rostock Adantia Acciona University of Genova Universidad de Alicante Acciona BBFZ

Planificación do ensino

O Master en Enxeñería da auga que se ensina nas Universidades da Coruña e Magdeburgo vai combinar nun programa conxunto que tamén conta coa colaboración doutras institucións de educación superior europeas de prestixio. O programa baséase en tres semestres dos cales se imparten en cada unha das institucións e un terceiro que terá lugar na Universidade da elección do alumno (entre A Coruña, Magdeburgo e algunhas outras universidades ou empresas asociadas), onde o os estudantes desenvolverán a súa Tese de Mestría e de prácticas. Esta colocación considérase un punto crave para este mestrado internacional como un tema esencial para permitir a inclusión dos estudantes de mestría no mercado laboral.

Estrutura do estudo

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Planificación hidrolóxica e proxectos Obrigatorio 6 ECTS
Sistemas de abastecemento e saneamento Obrigatorio 6 ECTS
Físico-química e calidade da auga Obrigatorio 6 ECTS
Hidráulica experimental I Optativo 6 ECTS
Hidráulica computacional I Optativo 6 ECTS
Tratamento da auga e eficiencia enerxética Optativo 6 ECTS
Enxeñaría da auga subterránea Optativo 6 ECTS
Prácticas Externas Obrigatorio 15 ECTS
Planificación hidráulica e proxectos Obrigatorio 6 ECTS
SIG e hidroloxía Obrigatorio 6 ECTS
Ecoloxía de restitución Obrigatorio 6 ECTS
Hidráulica experimental II Optativo 6 ECTS
Hidráulica computacional II Optativo 6 ECTS
Morfoloxía fluvial Optativo 6 ECTS
Biotecnoloxía da auga Optativo 6 ECTS
Traballo Fin de Mestrado Obrigatorio 15 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Hidráulica e Hidroloxía I Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Hidráulica e Hidroloxía I Obrigatorio 6 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.