Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Asesoramento Xurídico Empresarial

2017/2018 · 90 créditos

Que se aprende

A formación do alumnado do Mestrado en Asesoramento Xurídico Empresarial (MAXE) está dirixida a afondar nas materias relevantes no ámbito empresarial e no coñecemento de novos recursos, xurídicos e doutro tipo, que permitan afrontar con seguranza a multitude de situacións diversas. Os contidos formativos están adaptados aos conflitos e necesidades xurídicas propias da empresa, adquirindo as habilidades necesarias para poder actuar de modo autónomo nun ámbito complexo ou descoñecido.

A estrutura do Mestrado permitirá aos estudantes recibiren formación xurídica xeral sobre o asesoramento da empresa e a formación especializada en tres áreas de grande interese na actualidade: o dereito inmobiliario e da construción, o dereito urbanístico e o dereito ambiental.

A formación será eminentemente práctica, coa garantía dos recursos que permitan aos estudantes coñeceren, elaboraren, corrixiren ou valoraren documentos, expedientes, conflitos e arquivos reais. O período de prácticas en empresas, entre os meses de outubro e xaneiro (tras o período de docencia presencial), realizarase en administracións públicas, empresas e despachos de avogados de recoñecido prestixio.

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

O Mestrado está enfocado a formar profesionais en asesoramento xurídico especializado e/ou funcións de investigación cualificada en dereito mercantil, dereito tributario, dereito laboral, dereito penal económico, dereito civil e outras materias de dereito da empresa.

Así pois, ademais da formación de profesionais especializados no devandito ámbito, o máster obriga á observación e ao estudo da realidade xurídico-empresarial, extremo que favorece a formación de persoal investigador en diversas disciplinas do dereito positivo. De aí que se revele tamén como unha canle especialmente axeitada para a realización do período formativo das ensinanzas de doutoramento en Dereito.

Planificación do ensino

A metodoloxía docente, inspirada no sistema de créditos ECTS, centrarase, no esencial, no traballo do alumno ao longo do curso académico. De aí que a presencialidade nas aulas se reduza considerablemente, para favorecer realización doutro tipo de actividades especializadas e titorizadas. A organización do tempo de traballo persoal polos estudantes verase favorecido pola flexibilidade dos horarios e a programación das actividades académicas.

Ao comezo de cada módulo, o alumno recibirá toda a información necesaria para elaborar as actividades non presenciais de cada unha delas. Así, entregaranse materiais para o efecto ao tempo que se fixarán as datas de entrega de cada unha das actividades e así os alumnos poderen elaborar o seu propio plan de traballo.

Nas sesións presenciais o profesorado encargarase de facilitar os coñecementos básicos de cada materia, procurando ao alumno as pautas para elaborar aqueles traballos que teñan que realizarse tanto dentro coma fóra da aula.

O estudo estrutúrase en tres cuadrimestres, dous de carácter formativo (60 créditos) e un terceiro de prácticas externas (30 créditos).

Estrutura do estudo

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Liberdade de Empresa: Organización Xurídica da Empresa. O Empresariado. Obrigatorio 6 ECTS
Organización Contable-Fiscal da Empresa Obrigatorio 6 ECTS
Os Dereitos Fundamentais nas Organizacións Empresariais Obrigatorio 6 ECTS
Contratos Privados Obrigatorio 6 ECTS
Contratos Públicos Obrigatorio 3 ECTS
Ilícitos Penais, Administrativos e Laborais Obrigatorio 6 ECTS
Resolución de Conflitos da Empresa Obrigatorio 6 ECTS
Metodoloxía Obrigatorio 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Dereito Urbanístico I Optativo 6 ECTS
Dereito Urbanístico II Optativo 6 ECTS
Dereito Urbanístico III Optativo 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Prácticas Externas Obrigatorio 18 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo Fin de Mestrado Obrigatorio 12 ECTS

Referentes externos

Ademais do profesorado propio da UDC, ao longo dos cursos que se impartiron ata o momento no MAXE, participaron como convidados prestixiosos docentes doutras universidades de España e doutros países, xuíces e maxistrados, avogados de bufetes de ámbito local e nacional, asesores empresariais etc. Esta mestura equilibrada de profesorado universitario e profesionais expertos, xunto coa metodoloxía docente utilizada, baseada na análise e resolución de casos e nunha aprendizaxe participativa, facilita a adquisición polo alumno da necesaria formación teórica e práctica para conseguir os obxectivos de especialización propostos.

A título de exemplo poden destacarse os seguintes invitados:

Dereito da empresa

José Manuel OTERO LASTRES (catedrático de Dereito Mercantil, Bufete Otero Lastres) Miguel Ángel CAAMAÑO ANIDO (catedrático de Dereito Financeiro e Tributario e socio do Bufete Caamaño, Concheiro e Seoane) Javier GÓMEZ TABOADA, (director en Galicia de ERNST & YOUNG AVOGADOS). Luís COUTO GONÇALVES (presidente da Escola de Direito dá Universidade do Minho, Portugal) José Manuel SÁNCHEZ PADRÓS (xefe da Asesoría Xurídica da Empresa R) Francisco MÁLAGA DIÉGUEZ (profesor titular Dereito Procesual da Universidade Pompeu Fabra; Bufete Linklaters) Víctor SALGADO SEGÚIN (avogado especializado en tecnoloxías da información e internet; Pintos&Salgado Avogados). José Ignacio CANLE FERNÁNDEZ (asesor xurídico en NGB). FRANCISCO HERNÁNDEZ RODRÍGUEZ (presidente do Consello Galego dá Competencia). Manuel AREÁN LALÍN (catedrático de Dereito Mercantil da UDC; secretario xeral de La Voz de Galicia).

Urbanismo

Ángel MENÉNDEZ REXACH (catedrático de Dereito Administrativo, Universidade Autónoma de Madrid). Enrique PORTO (arquitecto e técnico urbanista). Julio CASTELAO RODRÍGUEZ (doutor enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, licenciado en Dereito, técnico urbanista, Universidade Politécnica de Madrid) Antonio ROMA VALDÉS

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.