Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada

2017/2018 · 60 créditos

Que se aprende

O alumnado adquire unha sólida formación especializada nas liñas da investigación lingüística máis actuais.

Competencias xenéricas

1. Afondar no campo da lingüística teórica e aplicada e na dimensión social da linguaxe.

2. Capacitar o alumnado para que adquira un coñecemento exhaustivo das liñas de investigación e das propostas críticas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos.

3. Proporcionar os fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan acceder ao exercicio da actividade investigadora, cunha formación versátil e interdisciplinar.

4. Preparar o alumnado para saber actuar en contornos profesionais multidisciplinares e diversificados.

5. Capacitar o alumnado para o manexo das novas tecnoloxías da información e a comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos.

6. Capacitar os estudantes para abrir vías de investigación novidosas no ámbito dos estudos lingüísticos.

Saídas profesionais e académicas

As saídas no mundo laboral enmárcanse preferencialmente no campo humanístico, lingüístico-literario e cultural.

Saídas profesionais e académicas

Entre os principais perfís de saídas académico-laborais, saliéntanse os seguintes: docencia, tradución e interpretación, asesoramento e mediación lingüística, cultural e editorial, asesoramento cultural e lingüístico no mundo empresarial, normalización lingüística, medios de comunicación, promoción lingüística e literaria, terapia lingüística, publicidade etc.

O estudantado pode, igualmente, continuar a súa formación superior e acceder aos varios programas de doutoramento que se ofertan na facultade.

Empresas e institucións colaboradoras

A Facultade de Filoloxía mantén convenios de colaboración con máis de 20 entidades para que o alumnado poida entrar en contacto co ámbito laboral. Neses convenios, que se renovan cada ano, organízanse as prácticas.

Planificación do ensino

Estrutura do estudo

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Modelos e métodos na lingüística actual Obrigatorio 6 ECTS
Lingüística de corpus Obrigatorio 6 ECTS
Lingüística aplicada Obrigatorio 6 ECTS
Tecnoloxías lingüísticas Obrigatorio 3 ECTS
Recursos bibliográficos e xéneros científicos Obrigatorio 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Comunicación multimodal Optativo 3 ECTS
Comunicación oral Optativo 3 ECTS
Comunicación escrita Optativo 3 ECTS
Terminoloxía e linguaxes específicas Optativo 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Mediación lingüística Optativo 3 ECTS
Políticas lingüísticas Optativo 3 ECTS
Planificación lingüística Optativo 3 ECTS
Multilingüismo e internet Optativo 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Fundamentos de lexicoloxía e lexicografía Optativo 3 ECTS
A elaboración do dicionario Optativo 3 ECTS
A avaliación de dicionarios Optativo 3 ECTS
Terminoloxía e terminografía Optativo 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Variación lingüística Optativo 3 ECTS
Temas de lingüística contrastiva Optativo 3 ECTS
Contacto de linguas e as súas consecuencias Optativo 3 ECTS
Cambio lingüístico Optativo 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Prácticas externas Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo fin de Mestrado Obrigatorio 6 ECTS

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.