Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética

2016/2017

Que se aprende

Competencias xenéricas

O Mestrado proporciona unha formación académica que permite unha especialización, tras obter a correspondente titulación de acceso da rama de ciencias experimentais ou das ciencias da saúde.

No ámbito científico os alumnos que cursen este mestrado estarán capacitados para traballar en laboratorios de investigación de orientación celular, molecular ou xenética. Poderán tamén proseguir a formación investigadora e realizar unha tese de doutoramento.

No ámbito profesional preténdese a formación de especialistas que poidan optar con vantaxe a postos de traballo nos distintos sectores I+D+i: clínicos e bioindustriais, e tamén no ensino superior e na Administración pública.

O Mestrado pode servir, ademais, á formación continuada de profesionais en activo, tanto dos distintos sectores industriais como do ensino e da Administración pública.

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

Posgraduados especializados das áreas de Bioquímica e Bioloxía Molecular, Bioloxía Celular, Microbioloxía, Fisioloxía Vexetal e Xenética.

Persoal cualificado para o desenvolvemento de actividades de I+D+i.

Acceso ao doutoramento.

As prácticas en empresas e a realización de traballo experimental incrementan as opcións da persoa titulada para a súa inserción laboral.

Planificación do ensino

O Mestrado pode cursarse en modalidade presencial ou semipresencial. Hai que cursar 36 ECTS obrigatorios e 24 ECTS opcionais.

Estrutura do estudo

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Técnicas Celulares Obrigatorio 6 ECTS
Técnicas Moleculares Obrigatorio 6 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Bioloxía Celular Avanzada Obrigatorio 3 ECTS
Sinalización Celular Obrigatorio 3 ECTS
Mecanismos de xeración da variación xenética Obrigatorio 3 ECTS
Regulación da expresión xénica Obrigatorio 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Neurobioloxía Optativo 3 ECTS
Inmunoloxía Optativo 3 ECTS
Células Nai e Terapia Celular Optativo 3 ECTS
Microbioloxía Molecular Optativo 3 ECTS
Dinámica e Estrutura de Proteínas Optativo 3 ECTS
Proteínas Recombinantes e Enxeñaría de Proteínas Optativo 3 ECTS
Proteómica Optativo 3 ECTS
Xenómica Optativo 3 ECTS
Cromosomas: Estrutura. Función e Evolución Optativo 3 ECTS
Xenética Humana Optativo 3 ECTS
Toxicoloxía Xenética Optativo 3 ECTS
Mecanismos Moleculares da Interacción Planta-patóxeno Optativo 3 ECTS
Biotecnoloxía en plantas Optativo 3 ECTS
Bioinformática e Modelado de Biomoléculas Optativo 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Prácticas Externas Optativo anual 9 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo de Máster Obrigatorio 12 ECTS

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de mestrado organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.