Logo da Universidade da Coruña

Grao en Podoloxía

2019/2020 · 240 créditos

Acceso e admisión

Nos prazos de matrícula establecidos poderán formalizar a súa matrícula os alumnos e alumnas que inicien os estudos de grao en calquera das titulacións da Universidade da Coruña e que cumpriren as condicións de acceso ou reuniren os requisitos de admisión establecidos no Real Decreto 412/2014 de 6 de xuño e na Normativa de xestión académica da Univesidade.

Aqueles alumnos e alumnas que pretendan iniciar os estudos de primeiro curso de grao deberán estar admitidos/as para formalizar a matrícula nas sucesivas resolucións da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG).

 

Perfil recomendado

Non existen condicións nin probas especiais de acceso para os estudantes do Grao en Podoloxía, mais é recomendable ter unha disposición aberta no tocante á relación de axuda ás persoas e unha visión integral capaz de relacionar todas as dimensións do ser humano.

Tamén cómpre contar cunha axeitada disposición para o traballo en equipo; o estudo continuado, reflexivo e crítico; a adaptación continúa ao cambio e o manexo de situacións con gran carga física e emocional, así como se require responsabilidade, equilibrio e madureza persoal.

Esta titulación ten unha carga docente práctica moi elevada, polo que obriga o alumnado a desenvolver capacidades directamente relacionadas coa técnica.

Outras aptitudes que se recomenda posuír son as seguintes:

  • Motivación ante a elección da titulación.
  • Boa capacidade de expresión oral.
  • Capacidade de análise.
  • Capacidade de síntese.
  • Capacidade de liderado.
  • Capacidade de busca en fontes bibliográficas.
  • Conciencia da necesidade de formación continua ao longo da vida.
  • Coñecementos suficientes de bioloxía e estatística.
  • Lectura comprensiva.
  • Coñecementos básicos de informática.
  • Coñecementos axeitados de inglés.

Requisitos de acceso comúns

Poderán acceder aos estudos universitarios oficias de grao as persoas que reúnan algún dos requisitos establecidos no artículo 3 do Real decreto 412/2014 de 6 de xuño:

De non obter o recoñecemento, deberá incorporarse ao proceso xeral de admisión

As ABAU están organizadas para todo o sistema universitario galego por unha comisión mixta entre a Xunta de Galicia e as tres universidades galegas, a Comisión Interuniversitaria Galega, CIUG

A matrícula das ABAU faise a través da aplicación informática NERTA e, nos casos que proceda, nos lugares de entrega e recollida de documentos LERD, en calquera dos sete campus de Galicia

Solicitude e admisión

Proceso xeral de admisión: o alumnado que pretenda iniciar os estudos de primeiro curso de Grao, deberá realizar a preinscrición previa seguindo o procedemento e prazos establecidos pola CIUG, a través da aplicación informática NERTA

Cada alumno/a formalizará unha única solicitude de preinscrición na que indicará por orde de preferencia ata un máximo de cinco titulacións diferentes, podendo chegar ata un máximo de dez, no caso de titulacións iguais impartidas en diferentes centros universitarios e, nos casos que proceda, nos lugares de entrega e recollida de documentos LERD, en calquera dos sete campus de Galicia.

A CIUG publicará sucesivas resolucións de convocatoria a matrícula. A relación do alumnado convocado en cada prazo pode consultarse na aplicación informática NERTA. É un procedemento moi áxil con prazos curtos de matrícula.

O alumnado convocado a formalizar a matrícula, na titulación da súa preferencia da Universidade da Coruña, deberá facelo no prazo establecido pola resolución da CIUG, na web da UDC.

50 prazas ofertadas no curso 2019/2020

Criterios e procedementos de admisión

A CIUG é a responsable de publicar os criterios e procedementos de admisión nas titulacións de grao do Sistema Universitario Galego, para cada curso académico, na súa páxina web.

Prazos

Alumnado de primeiro curso de grao: segundo o calendario establecido pola CIUG

Alumnado que continúe os seus estudos de grao: publicarase na web da UDC

bolsas e axudas

Existe un sistema de bolsas para o estudantado que o precise. Os distintos criterios e prazos dependen do tipo de bolsa e o organismo que as convoca (propias, autonómicas e estatáis). Podes consultalas nos seguintes enlaces:

Regulamento e normativa aplicable

Se queres coñecer en detalle a normativa e regulamentos relacionados cos estudos na UDC podes consultalo aquí. Ademais podes consultar outros documentos relacionados coa normativa académica.

Tamén destacamos os seguintes documentos: