Logo da Universidade da Coruña

Grao en Paisaxe

2018/2019 · 240 créditos

Acceso e admisión

Nos prazos de matrícula establecidos poderán formalizar a súa matrícula os alumnos e alumnas que inicien os estudos de grao en calquera das titulacións da Universidade da Coruña e que cumpriren as condicións de acceso ou reuniren os requisitos de admisión establecidos no Real Decreto 412/2014 de 6 de xuño e na Normativa de xestión académica da Univesidade.

Aqueles alumnos e alumnas que pretendan iniciar os estudos de primeiro curso de grao deberán estar admitidos/as para formalizar a matrícula nas sucesivas resolucións da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG).

 

Perfil recomendado

Perfil de ingreso: Aínda que non se esixe unha formación previa específica, é recomendábel que o estudante teña cursado durante o bacharelato a modalidade de Ciencias e Tecnoloxía (R.D. 1467/2007). É, así mesmo, recomendábel que posúa as seguintes características persoais e académicas: - Curiosidade intelectual - Hábito de leitura - Capacidade analítica - Capacidade crítica - Capacidade de aplicar fundamentos para a resolución de problemas - Constancia e responsabilidade no traballo - Capacidade para o traballo en equipo - Capacidade para usar o tempo de forma efectiva - Competencia en expresión oral e escrita - Competencia lingüística en inglés (nivel B1), ademais de en castelán e en galego - Competencia en ferramentas informáticas básicas - Coñecementos básicos en debuxo técnico e xeoloxía a nivel de bacharelato

Requisitos de acceso comúns

Poderán acceder aos estudos universitarios oficias de grao as persoas que reúnan algún dos requisitos establecidos no artículo 3 do Real decreto 412/2014 de 6 de xuño:

De non obter o recoñecemento, deberá incorporarse ao proceso xeral de admisión

As ABAU están organizadas para todo o sistema universitario galego por unha comisión mixta entre a Xunta de Galicia e as tres universidades galegas, a Comisión Interuniversitaria Galega, CIUG

A matrícula das ABAU faise a través da aplicación informática NERTA e, nos casos que proceda, nos lugares de entrega e recollida de documentos LERD, en calquera dos sete campus de Galicia

Solicitude e admisión

Proceso xeral de admisión: o alumnado que pretenda iniciar os estudos de primeiro curso de Grao, deberá realizar a preinscrición previa seguindo o procedemento e prazos establecidos pola CIUG, a través da aplicación informática NERTA

Cada alumno/a formalizará unha única solicitude de preinscrición na que indicará por orde de preferencia ata un máximo de cinco titulacións diferentes, podendo chegar ata un máximo de dez, no caso de titulacións iguais impartidas en diferentes centros universitarios e, nos casos que proceda, nos lugares de entrega e recollida de documentos LERD, en calquera dos sete campus de Galicia.

A CIUG publicará sucesivas resolucións de convocatoria a matrícula. A relación do alumnado convocado en cada prazo pode consultarse na aplicación informática NERTA. É un procedemento moi áxil con prazos curtos de matrícula.

O alumnado convocado a formalizar a matrícula, na titulación da súa preferencia da Universidade da Coruña, deberá facelo no prazo establecido pola resolución da CIUG, na web da UDC.

Criterios e procedementos de admisión

A CIUG é a responsable de publicar os criterios e procedementos de admisión nas titulacións de grao do Sistema Universitario Galego, para cada curso académico, na súa páxina web.

Aunque no se exige una formación previa específica, es recomendable que el estudiante haya cursado durante el bachillerato la modalidad de Ciencias y Tecnología (R.D. 1467/2007). Es asimismo recomendable que posea las siguientes características personales y académicas: - Curiosidad intelectual - Hábito de lectura - Capacidad analítica - Capacidad crítica - Capacidad de aplicar fundamentos para la resolución de problemas - Constancia y responsabilidad en el trabajo - Capacidad para el trabajo en equipo - Capacidad para usar el tiempo de forma efectiva - Competencia en expresión oral y escrita - Competencia lingüística en inglés (nivel B1), además de en castellano y en gallego - Competencia en herramientas informáticas básicas - Conocimientos básicos en Dibujo Técnico y Geología a nivel de Bachillerato

bolsas e axudas

Existe un sistema de bolsas para o estudantado que o precise. Os distintos criterios e prazos dependen do tipo de bolsa e o organismo que as convoca (propias, autonómicas e estatáis). Podes consultalas nos seguintes enlaces:

Regulamento e normativa aplicable

Se queres coñecer en detalle a normativa e regulamentos relacionados cos estudos na UDC podes consultalo aquí. Ademais podes consultar outros documentos relacionados coa normativa académica.

Tamén destacamos os seguintes documentos: