Logo da Universidade da Coruña

Grao en Socioloxía

2016/2017 · 240 créditos

Acceso e admisión

Nos prazos de matrícula establecidos poderán formalizar a súa matrícula o alumnado que inicie os estudos de graos en calquera das titulacións da Universidade da Coruña e que cumpriren as condicións de acceso ou reuniren os requisitos de admisión establecidos no RD 1892/2008, de 14 de novembro.

Aqueles alumnos e alumnas que pretendan iniciar os estudos de primeiro curso de grao deberán estar admitidos para formalizar a matrícula nas sucesivas resolucións da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG).

O alumnado procedente doutros estudos oficiais cursados en España deberán solicitar a admisión nos estudos da súa elección na UDC, obter recoñecemento dun mínimo de 30 créditos e cumprir os requisitos establecidos no art. 56 do RD 1892/2008, de 14 de novembro e na Normativa de xestión académica da Universidade. Aquel alumado que non cumpra as condicións anteriores deberá incorporarse ao proceso xeral de admisión.

Se desexas obter máis información podes consultar:

Perfil recomendado

No Grao en Socioloxía admítense estudantes con calquera formación previa que permita o acceso aos estudos universitarios. Non hai esixencias curriculares previas, nin ponderación específica para materias concretas, sendo a nota de corte establecida para o acceso á universidade a que permite discriminar as persoas admitidas no numerus clausus que se determinar para a titulación.

Porén, establécese unha serie de recomendacións, derivadas dos obxectivos da titulación, que pretenden servir de guía para a autoavaliación do interese por estes estudos do futuro alumnado:

Trátase, en definitiva, de mostrar interese polas temáticas sociais e por capacitarse para asumir tarefas profesionais dirixidas ao estudo desa realidade, á intervención nela e á xestión de programas sociais ou outras tarefas similares.

Requisitos de acceso comúns

Para poder solicitar praza hai que cumprir algún dos seguintes requisitos de acceso establecidos no art. 2 do RD 1892/2008:

  • Estar en posesión do título de bacharelato, ou equivalente, e superar a proba de acceso á universidade (PAU).
  • Cumprir os requisitos esixidos para o acceso á universidade nos sistemas educativos de estados membros da Unión Europea ou doutros estados cos que España subscribise acordos internacionais nesta materia.
  • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, ou tela superada, no Sistema Universitario de Galicia, segundo normativas anteriores.
  • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 45 anos.
  • Posuír un título de técnico superior de formación profesional, ensino de artes plásticas e deseño ou de técnico deportivo superior, ou títulos equivalentes.
  • Posuír un título universitario oficial de grao, un título dos correspondentes á anterior ordenación do ensinos universitario (diplomado, licenciado, enxeñeiro etc.) ou títulos equivalentes.
  • Estar en condicións de acceder á universidade segundo ordenacións educativas anteriores á establecida polo RD 1892/2008, do 14 de novembro, non contempladas nos apartados anteriores.

Tamén podes consultar os criterios de asignación de prazas.

Solicitude e admisión

A solicitude de acceso/admisión poderá facerse a través dos procedementos telemáticos que se establecer na plataforma de xestión do acceso ao Sistema Universitario de Galicia (NERTA) ou entregándoa debidamente cuberta no LERD (campus de Elviña, campus de Esteiro) da UDC.

Cada alumno/a poderá presentar un único impreso de solicitude, no que indicará por orde de preferencia ata un máximo de cinco titulacións diferentes nas que desexa matricularse, podendo chegar ata un máximo de dez se as solicitudes corresponden a titulacións iguais impartidas en diferentes centros.

A matrícula realízase por sucesivas convocatorias da CIUG/CIUG a través de NERTA e deberá realizarse no prazo establecido, pola contra perderá todos os seus dereitos.

A matrícula na UDC para o novo alumnado podes facela aquí ou se es un alumno/a que continúa estudos na UDC, podes facelo desde a Secretaría Virtual do Estudante.

Por último, se necesitas información máis detallada, podes consultar o procedemento de matrícula na UDC.

95 prazas ofertadas no curso 2016/2017

Criterios e procedementos de admisión

Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e mestrado na UDC, que comeza en xullo e acaba en outubro. Cando estiver aprobado este calendario (ao redor do mes de maio) poderás consultalo nesta web da CIUG. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual no SAPE.

Para iniciar estudos en titulacións de grao con límite de prazas, o alumnado de Galicia que acaba o ensino medio debe realizar as probas de acceso, organizadas por unha CIUG, comisión mixta entre a Xunta de Galicia e as tres universidades galegas. As probas convócanse e realízanse nos meses de xuño e setembro. Podes consultar os criterios e procedementos de admisión na web da CIUG ou na do SAPE.

Non hai requisitos concretos de acceso ao grao en socioloxía

Prazos

Novo alumnado no curso 2016/2017:

Para o alumnado que continúa os seus estudos no curso 2016/2017 o prazo de matrícula aínda está por determinar.

 

bolsas e axudas

Existe un sistema de bolsas para o estudantado que o precise. Os distintos criterios e prazos dependen do tipo de bolsa e o organismo que as convoca (propias, autonómicas e estatáis). Podes consultalas nos seguintes enlaces:

Regulamento e normativa aplicable

Se queres coñecer en detalle a normativa e regulamentos relacionados cos estudos na UDC podes consultalo aquí. Ademais podes consultar outros documentos relacionados coa normativa académica.

Tamén destacamos os seguintes documentos: