Logo da Universidade da Coruña

Programa Oficial de Doutoramento en Sociedade do Coñecemento: Novas perspectivas en Documentación, Comunicación e Humanidades

2016/2017

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 15 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admision.

20 prazas ofertadas no curso 2016/2017

Perfil de admisión recomendado

Como se trata dun Programa verificado segundo o RD 99/2011, pode interesar fundamentalmente a dous tipos de estudantes: a) Aqueles que realizaron un Mestrado oficial (RD 1393/2007), principalmente en Documentación, Comunicación ou Humanidades; e b) estudantes que realizaran un Programa de Doutoramento anterior (con DEA ou con suficiencia investigadora), pois teñen un tope temporal na normativa da UDC para poder presentar a Tese Doutoral.

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

Con carácter xeral, as solicitudes de acceso realizaranse a través da páxina web da UDC, a través da Secretaría Virtual do estudante. A documentación xustificativa entrégase na UADI de Esteiro (Rúa Dr. Vázquez Cabrera, s/n; 15403-Ferrol, A Coruña).

O correo electrónico é o seguinte: uadi.esteiro@udc.es.

A CAPD publicará as listas provisional e definitiva de admitidos nos lugares previstos ao efecto.

Cando se desexe realizar unha reclamación da lista de admitidos, o escrito deberá ser enviado á UADI nomeada, nun texto dirixido ao Coordinador do Programa de Doutoramento.

Para a solicitude de matrícula a tempo parcial, así como para o cambio da modalidade de matrícula ou a posible baixa temporal, hai que escribir á UADI de Esteiro (Rúa Dr. Vázquez Cabrera, s/n; 15403-Ferrol, A Coruña). O texto deberá ir dirixido ao Coordinador do Programa de Doutoramento.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.