Logo da Universidade da Coruña

Programa Oficial de Doutoramento en Protección do Patrimonio Cultural

2019/2020

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 15 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admision.

5 prazas ofertadas no curso 2019/2020

Perfil de admisión recomendado

O Programa ten unha orientación totalmente multidisciplinar e interdisciplinar. Por iso, existen diversos perfís recomendados. Dado que no programa abarca todo o amplo ámbito da protección do patrimonio cultural admítense perfís que van desde o ámbito das Artes e Humanidades (Historia, Historia da arte, Arqueoloxía, Humanidades, Restauración, etc.), Ciencias (Física, Química, Xeoloxía, Bioloxía, Paleontoloxía, etc.) e Enxeñería e Arquitectura (Arquitectos, Enxeñeiros Civís, etc.).

Para establecer unha relación de admitidos no Programa teranse en conta as seguintes particularidades nos perfís dos candidatos:

  • - Estar en posesión dun título de Mestrado nunha temática relacionada co Patrimonio Cultural. Nota obtida no Mestrado e Temática do Traballo fin de Mestrado.
  • - Estar en posesión dun título de Grao que teña relación cos perfís especificados. Nota media obtida no Grao e temática do Traballo fin de Grao.
  • - Ter experiencia laboral no sector do Patrimonio Cultural.
  • - Ter participado ou colaborado en proxectos de Patrimonio Cultural.

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

A solicitude de admisión realizarase a través da Secretaría Virtual do estudante e a documentación xustificativa entregarase na UADI da Facultade de Ciencias da UDC.

De acordo cos criterios de selección establecidos no Programa (e inicados no apartado anterior) a CAPD publicará as listas provisionais e definitiva do alumnado admitido no Programa. Estas listas publicaranse na páxina web do programa de doutoramento no portal de estudos da UDC.

As reclamacións á lista provisional dirixiranse á UADI da Facultade de Ciencias.

A solicitude de matrícula a tempo parcial, ou cambio de modalidade de matrícula e a baixa temporal no programa deberá presentarse na UADI do centro.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.