Logo da Universidade da Coruña

Programa Oficial de Doutoramento en Novas Perspectivas en Documentación, Comunicación e Humanidades

2018/2019

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 15 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admision.

20 prazas ofertadas no curso 2018/2019

Perfil de admisión recomendado

O Programa pode interesar en maior medida a varios tipos de estudantes: a) Quen realizou un Máster —sobre todo, se é un Máster oficial (RD 1393/2007)—, principalmente nos campos temáticos relacionados coa Documentación, a Comunicación ou as Humanidades; b) aqueles estudantes que teñan estudos equivalentes a unha Licenciatura (cinco anos académicos) nos ámbitos temáticos da Documentación, a Comunicación ou as Humanidades; e c) os estudantes que teñan realizado un Programa de Doutoramento anterior (por exemplo, con un Diploma de Estudos Avanzados ou con suficiencia investigadora) neses campos temáticos e agora desexen presentar a Tese de Doutoramento.

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.