Logo da Universidade da Coruña

Programa Oficial de Doutoramento en Química Ambiental e Fundamental

2017/2018

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 15 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admision.

Perfil de admisión recomendado

Persoas con interese no campo das ciencias con curiosidade por coñeceren e comprenderen feitos científicos, e propor solucións a problemas no ámbito da química no seu sentido máis amplo (véxanse as liñas de investigación na sección “Que se aprende”.

Preferentemente:

  • a) Graduados/licenciados na rama de ciencias (Química, Ciencias Ambientais, Materiais, Física…).
  • b) Graduados/licenciados en Farmacia, Enxeñaría Química, Enxeñaría Industrial e afíns.
  • c) Máster no Ámbito da Química, Medio e afíns.

IMPORTANTE: Os licenciados que superaran 300 créditos poderán acceder ao doutoramento sen acreditar estudos de mestrado.

Nivel mínimo de inglés recomendado: B1

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

A solicitude de admisión realizarase a través da Secretaría Virtual do estudante e a documentación xustificativa entregarase na UADI da Facultade de Ciencias.

A CAPD publicará a listaxe provisoria e definitiva do alumnado admitido na páxina web do programa de doutoramento no portal de estudos da UDC.

As reclamacións á listaxe provisoria dirixiranse á UADI da Facultade de Ciencias.

A solicitude de matrícula a tempo parcial, o cambio de modalidade de matrícula e a baixa temporal no programa deberase presentar na UADI da Facultade de Ciencias .

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.