Logo da Universidade da Coruña

Programa Oficial de Doutoramento en Lóxica e Filosofía da Ciencia

2017/2018

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 15 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admision.

4 prazas ofertadas no curso 2017/2018

Perfil de admisión recomendado

O Programa interuniversitario de Doutoramento en Lóxica e Filosofía da Ciencia deséñase co obxecto de atender fundamentalmente á demanda dos actuales titulados universitarios que desexen recibir unha especialización adicional ou formación investigadora e que teñan realizado un Máster relacionado co campo da Lóxica e a Filosofía da Ciencia, aos estudantes de sistemas universitarios extranxeiros que desexen cursar Estudos de Doutoramento no noso país, e á de profesionales titulados universitarios que decidan actualizar os seus coñecementos e destrezas ou modificar o seu perfil. Os nosos estudantes serán previsiblemente das seguintes titulacións:

‐ Titulados en Filosofía (graduados que teñan realizado un máster afín ao PD ou Doutores que desexen variar o seu perfil).

‐ Titulados na área das Ciencias da Natureza, Matemáticas e Informática (Graduados ou Doutores que teñan realizado un Máster afín ao PD).

‐ Titulados na área das Ciencias Sociais e Filoloxías (Graduados ou Doutores que teñan realizado un Mestrado afín ao PD).

É necesario que o investigador en formación poida ler correctamente textos filosóficos e científicos polo menos en español e inglés.

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

Con carácter xeral, as solicitudes de acceso realizaranse a través da páxina web da UDC, a través da Secretaría Virtual do estudante. A documentación xustificativa entrégase na UADI de Esteiro (Rúa Dr. Vázquez Cabrera, s/n; 15403-Ferrol, A Coruña).

O correo electrónico é o seguinte: uadi.esteiro@udc.es.

A CAPD publicará as listas provisional e definitiva de admitidos nos lugares previstos ao efecto.

Cando se desexe realizar unha reclamación da lista de admitidos, o escrito deberá ser enviado á UADI nomeada, nun texto dirixido ao Coordinador do Programa de Doutoramento.

Para a solicitude de matrícula a tempo parcial, así como para o cambio da modalidade de matrícula ou a posible baixa temporal, hai que escribir á UADI de Esteiro (Rúa Dr. Vázquez Cabrera, s/n; 15403-Ferrol, A Coruña). O texto deberá ir dirixido ao Coordinador do Programa de Doutoramento.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.