Logo da Universidade da Coruña

Programa Oficial de Doutoramento en Investigación en Tecnoloxías da Información

2016/2017

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 15 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admision.

15 prazas ofertadas no curso 2016/2017

Perfil de admisión recomendado

De forma xeral, os estudos de mestrado que permitirán o ingreso a este programa de doutoramento sen complementos de formación serán: Universidade participante 1: Santiago de Compostela. 1. Mestrado de Tecnoloxías da Información 2. Mestrado de Computación de Altas Prestacións 3. Mestrado de Enxeñaría Matemática 4. Mestrado de Matemáticas 5. Mestrado de Técnicas Estatísticas 6. Mestrado en Enerxías Renovables ye Sostenibilidade Enerxética Universidade participante 2: A Coruña 1. Mestrado de Computación de Altas Prestacións 2. Mestrado en Enxeñaría Informática 3. Mestrado en Enxeñaría Matemática 4. Mestrado en Técnicas Estadtísticas 5. Mestrado en Tecnoloxías da Información e a Comunicación en Redes Móbiles 6. Mestrado en Computación 7. Mestrado en Enxeñaría de Sistemas Informáticos Cómpre destacar que o perfil de ingreso máis idóneo para a maior parte das liñas de investigación do programa corresponde ao Mestrado de Tecnoloxías da Información da USC, o Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática da UDC, e o Mestrado en Computación de Altas Prestacións, aínda que debido ás particularidades de cada liña os outros mestrados poderíanse axustar adecuadamente. Tamén terán acceso sen complementos os estudantes co título de DEA obtido a través do Programa de Doutoramento Interuniversitario en Tecnoloxías da Información na USC ou na UDC.

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

Os estudantes poderán solicitar a admisión no programa de doutoramento no prazo de preinscrición que se estableza. A solicitude realizarase a través da Secretaría Virtual do estudante, e a documentación xustificativa entregarase na UADI da Facultade de Informática. Finalizado o prazo, a CAPD publicará a listaxe provisoria do alumnado admitido e a súa correspondente listaxe de agarda na páxina web do programa de doutoramento no portal de estudos da UDC. Os aspirantes non admitidos poderán presentar unha reclamación no prazo e forma establecidos na correspondente convocatoria na UADI da Facultade de Informática. Transcorrido o prazo de reclamacións e resoltas estas, a relación definitiva de alumnos admitidos faráse pública e remitiráse ao órgano de xestión de alumnos correspondente, para efectos de poder formalizar a súa matrícula no prazo correspondente. As solicitudes de matrícula a tempo parcial, o cambio de modalidade de matrícula e a baixa temporal no programa deberán presentarse na UADI da Facultade de Informática.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.