Logo da Universidade da Coruña

Programa Oficial de Doutoramento en Estudos Lingüísticos

2016/2017

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 15 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admision.

6 prazas ofertadas no curso 2016/2017

Perfil de admisión recomendado

O perfil corresponde ao daquelas persoas que desexaren realizar a súa tese de doutorameno no ámbito da lingüística ou de lingua galega, portuguesa ou española, ben como a lingua de signos española (LSE), ou mesmo no ámbito dalgunha outra lingua. O programa será de interese tanto para o alumnado nacional como para o estranxeiro. Posto que as universidades organizadoras presentan unha posición estratéxica para ofreceren estudos sobre español, galego e portugués, o estudantado do ámbito lusófono pode achar no Programa de Doutoramento Estudos Lingüísticos unha excelente opción para desenvolver a súa investigación.

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

A solicitude de admisión realizarase a través da Secretaría Virtual do estudante e a documentación xustificativa entregarase na UADI da Facultade de Filoloxía. A Comisión Académica do Programa de Doutoramento (CAPD) fará unha selección das candidaturas presentadas en función dos seguintes criterios: - Expediente académico - Outros méritos do currículo Comisión académica Coordinador José M. García-Miguel Gallego (UVigo) Coordinador na Universidade da Coruña José Ignacio Pérez Pascual (UDC) Secretaria da comisión María Dolores Sánches Palomino (UDC) Vogais Margarita Alonso Ramos (UDC) M. Carmen Cabeza Pereiro (UVigo) Alexandre Rodríguez Guerra (UVigo) Xosé Manuel Sánchez Rei (UDC) Joaquín Sueiro Justel (UVigo) No caso de que a documentación achegada for insuficiente a xuízo da CAPD, poderá solicitar unha entrevista persoal para completar a información. Priorizarase a matrícula no programa a tempo completo. A CAPD poderá estabelecer criterios específicos para a realización do programa de doutoramento a tempo parcial. A CAPD publicará as listaxes provisoria e definitiva do alumnado admitido na páxina web do programa de doutoramento no portal de estudos da UDC. As reclamacións á listaxe provisoria dirixiranse á UADI da Facultade de Filoloxía. A solicitude de matrícula a tempo parcial, a mudanza de modalidade de matrícula e a baixa temporal no programa deberán presentarse na UADi da Facultade de Filoloxía.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.