Logo da Universidade da Coruña

Programa Oficial de Doutoramento en Estudos Ingleses Avanzados: Lingüística, Literatura e Cultura

2015/2016

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 15 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admision.

14 prazas ofertadas no curso 2015/2016

Perfil de admisión recomendado

1. Posuír un título oficial español de Grao e un de Máster Universitario ou equivalentes nas áreas de Filoloxía, Tradución e Interpretación, Humanidades, Comunicación, Ciencias Sociais e Socioloxía, Ciencias Políticas, Educación Infantil, Primaria, Educación Social e Pedagoxía, Historia e Filosofía. 2. Posuír un Diploma en Estudos Avanzados (DEA) ou Suficiencia Investigadora en Estudos Ingleses/Filoloxía Inglesa ou similar. 3. Os estudantes en calquera dos seguintes supostos que cumpran os requisitos específicos destes estudos: a. Posuír un título universitario oficial nun país membro do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) que lle permita ser admitido nun Master, alomenos 300 créditos ECTS entre todos os estudos oficiais completados, de dos que alomenos 60 deben ser de nivel de máster. b. Graduados e posuidores dun título oficial español de alomenos 300 créditos ECTS. Estes graduados deben cursar os complementos de formación requiridos polo programa a non ser que as súas titulacións incluíran créditos de formación investigadora. c. Posuír un título estranxeiro sin necesidade de homologación oficial, despois de que a Universidade verifique que se acredita un nivel de educación equivalente ao dun máster oficial español e que habilita ao posuidor para acceder aos estudos de doutoramento no país de expedición. Esta admisión no implica o recoñecemento da devandita titulación máis que para os efectos de admisión no programa de doutoramento. d. Estar en posesión doutro título de doutor español que fora obtido ao abeiro de normativas universitarias anteriores. 4. Os estudantes que comezaran os seus estudos de doutoramento en programas regulados por normativas universitarias anteriores poden acceder aos estudos de doutoramento se cumpren os requisitos xerais para elo ou se posúen un título ou cualificación con 300 créditos ECTS, dos que alomenos 60 teñen que ser de nivel de máster.

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

A solicitude de admisión realizarase a través dá Secretaría Virtual do estudante e a documentación xustificativa entregarase na UADI dá Facultade de Filoloxía. A CAPD publicará ás listaxes provisoria e definitiva do alumnado admitido na páxina web do programa de doutoramento no portal de estudos dá UDC Ás reclamacións á listaxe provisoria dirixiranse á UADI da Facultade de Filoloxía. A solicitude de matrícula a tempo parcial, o cambio de modalidade de matrícula e a baixa temporal no programa deberá presentarse tamén na UADI da Facultade de Filoloxía.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.