Logo da Universidade da Coruña

Programa Oficial de Doutoramento en Enerxía e Propulsion Mariña

2016/2017

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 15 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admision.

6 prazas ofertadas no curso 2016/2017

Perfil de admisión recomendado

Terán admisión preferente os estudantes en posesión dos títulos oficiais de que permitan o acceso ao doutorado segundo a normativa vixente, do ámbito tecnolóxico ou con contidos afíns á Enerxía e Propulsión Mariña. En particular, o perfil de ingreso recomendado recolle unha serie de competencias adquiridas previamente como son:

  • 1. Regular, controlar, diagnosticar e supervisar sistemas, procesos e máquinas para a toma de decisións en condución e operación.
  • 2. Capacidade para realizar tarefas de análise e síntese de problemas teórico-prácticos mediante fundamentos físico-matemático.
  • 3. Capacidade para detectar necesidades de mellora en sistemas enerxéticos.
  • 4. Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC).
  • As devanditas competencias están recollidas por diversos estudos de Máster oficial de ámbito tecnolóxico, como é o caso do Máster en Enxeñaría Mariña.

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

A solicitude de admisión realizarase a través da Secretaría Virtual do estudante e a documentación xustificativa entregarase na UADI (Unidade de Apoio a Departamentos e Investigación) do centro. A Comisión Académica publicará as listaxes provisionais e definitivos do alumnado admitido na web do programa de doutoramento no portal de estudos da UDC. As reclamacións á listaxe provisional dirixiranse á UADI do centro. A solicitude de matrícula a tempo parcial, cambio de modalidade de matrícula e baixa temporal no programa deberán presentarse na UADI do centro.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.