Logo da Universidade da Coruña

Programa Oficial de Doutoramento en Dereito

2017/2018

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 15 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admision.

15 prazas ofertadas no curso 2017/2018

Perfil de admisión recomendado

Acceso: Con carácter xeral, para o acceso ao Programa de Doutoramento en Dereito será preciso estar en posesión dos títulos oficiais españois de grao, ou equivalente, e de mestrado universitario.

Canto ao perfil de ingreso recomendado, terán acceso preferente ao programa de doutoramento aqueles estudantes cuxa formación se desenvolvera integramente na rama xurídica:

Licenciatura ou grao en Dereito + Mestrado en Dereito. O Mestrado en Dereito valorarase en termos porcentuais cun 60% sobre o total da puntuación que se pode obter. A licenciatura ou grao en Dereito valorarase en termos porcentuais cun 40% sobre o total da puntuación para obter. Nunha segunda instancia, tamén poderán ter entrada no programa aqueles estudantes cuxa formación se incardine na rama xurídico-social, pero non sexa xurídica en sentido estrito, como por exemplo Administración e Dirección de Empresas ou Socioloxía e cando sexa preciso, poderanse valorar subsidiariamente outros méritos, tales como media dos expedientes académicos, coñecemento oficialmente acreditado de idiomas estranxeiros, ou formación adicional non regrada derivada de congresos, cursos etc.

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

A solicitude de admisión realizarase a través da Secretaría Virtual do estudante e a documentación xustificativa entregarase na UADI da Facultade de Dereito

A CAPD publicará as listaxes provisoria e definitiva do alumnado admitido na páxina web do programa de doutoramento no portal de estudos da UDC

As reclamacións á listaxe provisoria dirixiranse á UADI da Facultade de Dereito

A solicitude de matrícula a tempo parcial, o cambio de modalidade de matrícula e a baixa temporal no programa deberá presentarse na UADI da Facultade de Dereito

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.