Logo da Universidade da Coruña

Programa Oficial de Doutoramento en Ciencias da Saúde

2017/2018

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 15 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admision.

Perfil de admisión recomendado

O estudante terá unha formación previa no ámbito das ciencias da saúde e/ou experiencia profesional ou investigadora contrastable no ámbito: Titulados en Medicina, Terapia ocupacional, Enfermaría, Fisioterapia, Podoloxía, Farmacia, Bioloxía, etc.

A CAPD establece unhas condicións específicas para a admisión que deben ser tidas en conta por parte do alumnado

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

A Comisión Académica (CAPD) acordou que para estudar as solicitudes, deben cumprir cos seguintes requirimentos:
  • 1. A solicitude de admisión debe achegar un anteproxecto de tese avalado por un doutor (Pódese descargar unha plantilla de referencia na Web do programa: www.doctoradosalud.udc.es
  • 2. Polo menos un dos directores debe formar parte do programa de doutoramento cuxo listado se pode consultar na Web
  • 3. A proposta de anteproxecto debe estar adscrita a unha das liñas de investigación establecidas no programa de doutoramento que pódense consultar no enderezo do programa
  • 4. Os directores deben acreditar cumprir cos requisitos establecidos para poder dirixir teses segundo o REDUDC utilizando para iso o formulario establecido. Se na UADI (unidade administrativa encargada do Programa) xa se dispón desta acreditación, non é necesario volver entregala, como é o caso de todos os profesores do programa.

A solicitude de admisión realizarase a través da Secretaría Virtual do estudante e a documentación xustificativa entregarase na UADI do Centro Universitario de Oza (Facultade de Ciencias da Saúde).

A CAPD publicará as listaxes provisional e definitiva do alumnado admitido na web do de doutoramento no portal de estudos da UDC e na Web do programa

As reclamacións á listaxe provisional se dirixirá á UADI do Centro Universitario de Oza (Facultade de Ciencias da Saúde).

A solicitude de matrícula a tempo parcial, cambio de modalidade de matrícula e baixa temporal no programa deberá presentarse na UADI de Oza .

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.