Logo da Universidade da Coruña

Programa Oficial de Doutoramento en Nanomedicina

2016/2017

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 15 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admision.

3 prazas ofertadas no curso 2016/2017

Perfil de admisión recomendado

Poderán acceder os alumnos procedentes de licenciaturas/graos de Medicina, Bioquímica, Física, Farmacia, Química, Bioloxía, Enxeñarías e outros estudos relacionados coas ciencias da saúde, que teñan cursado un máster tendo preferencia para o acceso aqueles que teñan cursado algún dos seguintes másteres, ou outros similares a xuízo da Comisión Académica: UDC:- Ciencias, Tecnoloxía e Xestión Ambiental.- Neurociencias.- Bioloxía Celular, Molecular e Xenética. USC: - Investigación Biomédica.- Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos.- Ciencia e Tecnoloxía de Materiais.- Química Avanzada. UVigo:- Química Avanzada.- Ciencia e Tecnoloxía de Interfases.- Metodoloxía e Aplicacións en Bioloxía Molecular.

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

A solicitude de admisión realizarase a través da Secretaría Virtual do estudante e a documentación xustificativa entregarase na UADI da Facultade de Ciencias da UDC.

De acordo cos criterios de selección establecidos no Programa (e indicados no apartado anterior) a CAPD publicará as listaxes provisoria e definitiva do alumnado admitido no Programa. Estas listaxes publicaranse na páxina web do programa de doutoramento no portal de estudos da UDC.

As reclamacións á listaxe provisoria dirixiranse á UADI da Facultade de Ciencias

A solicitude de matrícula a tempo parcial, o cambio de modalidade de matrícula e a baixa temporal no programa deberá presentarse na UADI do/a Centro.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.