Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Técnicas Estatísticas

2017/2018 · 90 créditos

Acceso e admisión

Para acceder ao ensino oficial de mestrado será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país expedidor do título para o acceso ao ensino de mestrado.

Así mesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior, sen necesidade da homologación dos seus títulos, despois de que a UDC comprobe que estes acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e facultan no país expedidor do título para o acceso ao ensino de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar o ensino de mestrado.

Os estudantes poderán ser admitidos a un mestrado conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do título de mestrado universitario. A UDC incluirá os procedementos e requisitos de admisión no plan de estudos.

A admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o ensino de mestrado.

Perfil recomendado

  • Estudantes que desexen obter unha formación avanzada en estatística e investigación operativa tanto de aspecto teórico como aplicado (orientación académica).
  • Estudantes que teñan como obxectivo a investigación no ámbito da estatística e a investigación operativa, posiblemente encamiñada á elaboración dunha tese de doutoramento (orientación investigadora).
  • Persoal procedente de diversas disciplinas que necesite formación sobre a aplicación dos métodos da estadística e a investigación operativa que son valiosos na práctica profesional ou en actividades que requiren investigación. Isto é aplicable a múltiples sectores: biosanitario, finanzas, enxeñaría etc. (orientación profesional).

Requisitos de acceso comúns

Titulados universitarios que acrediten coñecementos básicos en matemáticas e estatística.

Solicitude e admisión

A solicitude de preinscripción poderá facerse a través dos procedementos telemáticos que se establecer na plataforma da UDC.

As solicitudes formuladas por persoas con títulos académicos estranxeiros de sistemas educativos alleos ao EEES deberán ir acompañadas da seguinte documentación, traducida a calquera das dúas linguas oficiais na UDC, legalizada ou coa Apostila da Haia: título que dá acceso ao mestrado e certificación académica.

A matrícula realizarase nos sucesivos prazos que se inclúen no calendario de preinscrición dos másteres que aproba o Consello de Goberno da UDC á través da web da UDC.

A matrícula na UDC para o novo alumnado podes facela aquí ou se es un alumno/a que continúa estudos na UDC, podes facelo desde a Secretaría Virtual do Estudante.

Unha vez efectuada a matrícula deberá remitirse á administración do centro, ou entregarse nela, nun prazo máximo de 10 días naturais que contarán a partir da data de solicitude de matrícula, a seguinte documentación, se for o caso:

  • A solicitude de bolsa debidamente cuberta.
  • O xustificante que acredite a exención ou a redución dos prezos de matrícula.

 

Criterios e procedementos de admisión

Criterio de valoración de méritos para a admisión neste mestrado: expediente académico.

Orde de preferencia das titulacións:

  • Titulacións universitarias en estatística e matemáticas.
  • Se quedaren vacantes, do resto das titulacións valoraranse especialmente as materias do expediente con contidos de estatística ou matemáticas.

Prazos

Os prazos xerais no curso 2017/2018 son:

Primeiro prazo

  • 23 de xuño ao 13 de xullo de 2017: Preinscrición.
  • 1 de agosto ao 13 de agosto de 2017: Matrícula.

Segundo prazo

  • 14 de agosto ao 21 de agosto de 2017: Preinscrición.
  • 13 de setembro ao 18 de setembro de 2017: Matrícula.

Terceiro prazo

  • 19 de setembro ao 27 de setembro de 2017: Preinscrición.
  • 10 de outubro ao 19 de outubro de 2017: Matrícula.

Prazos especiais para o estudantado de sistemas universitarios estranxeiros alleos ao sistema universitario español:

  • 16 de xaneiro ao 30 de abril de 2017: Preinscrición
  • Primeiro prazo xeral (a determinar): Matrícula

Os prazos xerais están tamén dispoñibles neste calendario. Ademais ampliáronse os prazos de preinscrición para solicitantes de sistemas universitarios estranxeiros.

 

bolsas e axudas

Existe un sistema de bolsas para o estudantado que o precise. Os distintos criterios e prazos dependen do tipo de bolsa e o organismo que as convoca (propias, autonómicas e estatáis). Podes consultalas nos seguintes enlaces:

Regulamento e normativa aplicable

Se queres coñecer en detalle a normativa e regulamentos relacionados cos estudos na UDC podes consultalo aquí. Ademais podes consultar outros documentos relacionados coa normativa académica.

Tamén destacamos os seguintes documentos: